Permitirán un control permanente do espazo, conectado 24 horas coa Policía Local, e ofrecerán maiores garantías ás persoas usuarias deste aparcadoiro público
Vilalba, 4 de novembro de 2025. O Concello de Vilalba vén de instalar catro cámaras de vixilancia no aparcadoiro subterráneo da Praza da Constitución co obxectivo de mellorar a seguridade e ofrecer unha maior tranquilidade aos veciños e veciñas que fan uso destas instalacións municipais.
Dúas das cámaras estarán destinadas ao control e vixilancia do espazo, permanecendo conectadas de forma permanente coa Policía Local, o que permitirá reforzar a seguridade neste punto estratéxico do centro urbano e actuar con maior rapidez en caso de calquera incidencia ou acto vandálico sobre os vehículos estacionados.
As outras dúas cámaras realizarán lectura automática de matrículas e control do tempo de estacionamento. De xeito que facilitarán a xestión do espazo e garantirán unha rotación axeitada de vehículos, para que o aparcadoiro poida ser empregado por un maior número de veciños e veciñas ao longo do día.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, explicou que esta actuación responde á vontade do goberno local de “mellorar a seguridade dos espazos públicos e ofrecer servizos municipais cada vez máis eficientes e cómodos para todos os vilalbeses”.
“Queremos que quen aparque neste espazo o faga con total tranquilidade. Estas novas cámaras permitirán previr incidencias e actuar de inmediato se se produce algún tipo de problema. É un paso máis para facer de Vilalba unha vila segura, moderna e mellor conectada”, destacou Rouco.
A rexedora engadiu que “as cámaras reforzan a confianza no uso dun espazo moi empregado”, incidindo en que “o obxectivo do Concello é garantir a seguridade e o bo uso dun servizo público moi demandado”.
Con esta intervención, o goberno municipal continúa avanzando na modernización das infraestruturas urbanas e na mellora dos servizos municipais, apostando pola seguridade, a eficiencia e a comodidade no día a día dos veciños e veciñas de Vilalba.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



