Viveiro, 6 de novembro, 2025. A proposta presentada polo Partido Socialista de Viveiro no Pleno celebrado onte deu os seus froitos, e finalmente o equipo de goberno do Partido Popular retirou a modificación da ordenanza fiscal das terrazas de hostalería.
“Desde o noso grupo municipal celebramos esta decisión, que consideramos un paso na boa dirección, xa que a proposta inicial era incongruente e pouco xustificada. O Concello xa dispón dun padrón anual que permite controlar a ocupación das terrazas e aplicar as correspondentes taxas, polo que a creación dun novo censo non achegaba melloras reais, senón máis burocracia e carga administrativa para os hostaleiros e para os servizos técnicos municipais.
A proposta tamén incluía cambios como o novo período impositivo anual e a obriga de solicitar prórrogas en decembro, o que podería xerar confusión e dificultar a organización dos establecementos. Ademais, o sistema de autoliquidación inmediata da taxa obrigaba a pagar por adiantado, eliminando o fraccionamento do pagamento que ata agora facilitaba o cumprimento das obrigas fiscais a moitos negocios locais.
De terse aprobado, esta modificación tería suposto que os hostaleiros rematasen de pagar o exercicio 2025 e, case de inmediato, aboasen íntegramente o de 2026, “unha medida que consideramos inxusta e excesiva, especialmente nun sector que continúa sufrindo as consecuencias económicas dos últimos anos”.
Cómpre lembrar tamén que tan só se celebrou unha comisión informativa de pleno, pero non se convocou unha comisión de portavoces para analizar e avaliar con máis detalle as modificacións propostas, lembran os socialistas.
Durante o debate plenario, “quedou patente que o Partido Popular, como equipo de goberno, quixo actuar en solitario, xa que non contou tampouco co apoio de Por Viveiro, formación que apoiara a moción de censura do pasado mes de marzo. De feito, tanto Por Viveiro como o BNG sumáronse á proposta socialista para pedir a retirada do punto, o que evidencia a falta de consenso e coordinación dentro do propio goberno local”.
“Resultou especialmente sorprendente comprobar que nin o propio concelleiro de Hostalería e Comercio era coñecedor destas modificacións, a pesar de formar parte do equipo de goberno. Este feito deixou abraiada a toda a corporación e demostra unha falla total de comunicación interna no executivo popular”.
Desde o Partido Socialista, “queremos lembrar que cando formabamos parte do goberno municipal sempre se traballou da man coa hostalería e o comercio local. Proba diso son as axudas concedidas nos anos 2020 e 2021 por mor da pandemia, así como a exención do pago da taxa de terrazas durante tres anos consecutivos e a implantación do pago fraccionado en tres prazos, medidas que demostraron a nosa vontade de apoiar ao sector en momentos difíciles”.
“En contraste, o Partido Popular quedou onte en evidencia como equipo de goberno, ao non contar co apoio de ningún grupo da oposición nin sequera dos seus socios. A retirada da proposta foi, polo tanto, unha rectificación necesaria ante unha iniciativa mal formulada e sen consenso”.
“A oposición coincidiu en sinalar que o verdadeiro problema segue a ser o control e a vixilancia das terrazas, cuestión que non se resolvería coa creación dun novo censo. Por iso, a retirada da proposta permite agora abrir un proceso de diálogo real co sector da hostalería, co obxectivo de mellorar a ordenanza sen prexudicar aos profesionais que xa cumpren cada ano co proceso de declaración e pagamento das súas terrazas”.
En definitiva, “desde o Partido Socialista reiteramos a nosa disposición a colaborar na procura de solucións realistas e consensuadas, que melloren a xestión municipal sen aumentar a carga económica nin burocrática para os negocios locais”.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



