Burela, 8 de novembro, 2025. Partido moi parello o vivido esta tarde en Vista Alegre de dous grandes equipos que se enfrontaron con paixón e solidez ofrecendo un gran espectáculo de futsal en Vista Alegre. Moitas ocasións, especialmente por parte dos locais, que á súa vez non tiveron a fortuna de lograr puntuar nesta ocasión, a pesar de demostrar unha vez máis o seu carácter e garra, aínda que cunha baixa importante tras unha lesión de nocello do capitán e único pivote do equipo, Pitero, que non puido xogar esta tarde na súa casa.
Complícaselle o partido ao Burela no minuto 5 cun gol de Chus tras un pase ás costas de Espín pero logra empatar Alán dous minutos despois cunha boa combinación con Charly na área tras unha rápida contra. Tras varias ocasións para ambos equipos, unha perigosa falta preto da área para o Burela no minuto 8 e dous paradóns de Starna no mesmo minuto, pide tempo morto David Rial ao sufrir dúas ocasións de perigo que podían desconcentrar aos seus pupilos. Gran ocasión de Marquinho no 13, que regatea e dispara case desde a liña da área atopándose con Sanabria, outra no 15 de Jason que tamén despexa o porteiro e chega o 2-1, de novo Alán consegue puntuar tras unha saída de porteiro e pase de Starna. Pero xusto antes do descanso Saura Jr. logra o empate no dobre penalti tras a sexta falta dos locais.
Dúas boísimas intervencións de Starna nos primeiros segundos da segunda parte salvan ao Burela da desvantaxe e nunha falta perigosa cometida por Izan, Josema mete o 3-2 no saque directo de falta, coándoa xunto ao pau. Case a ten Izan no 24 tras un disparo escorado de Charly pasándoselle o posible remate ao xogador de Coia e sácaa Sanabria co pé no 25 tras un potente disparo de Meira. Sae Charly no 30 coa elástica negra e ataca o Burela con xogo de 5 buscando o empate. Váiselle desviada a Izan nunha boa combinación con Charly e Alberto no 31 e outra vez segundos despois,disparando en plena falta a portería e despexando Sanabria coas mans. Outra de Jason na seguinte xogada que despexa de novo Sanabria e outra clarísima de Meira no 33 que se vai fóra. Continúan as ocasións no ataque de 5 do Burela pero ningunha consegue coarse entre os paus durante practicamente o resto deste segundo tempo ata que no último minuto, Espín avantaxa o marcador para os pinatarenses cun gol a portería baleira en pleno ataque de 5 e finalmente Jason logra achegarse nos últimos segundos aproveitando un balón morto case na liña de meta.
Ficha Técnica Burela FS 3-4 Zambú CFS Pinatar Cerramientos Abatibles
Burela FS (3): Starna; Alán, Jason, Alberto, Izan -quinteto inicial-, Charly, Marquinho, Meira.
Zambú CFS Pinatar Cerramientos Abatibles (4): Sanabria; Josema, Chus, Juanpi, Saura -quinteto inicial-, Saura Jr., Espín, Nano, Coba, Juanfran, Paredes.
Goles: 0-1, min. 5: Chus. 1-1, min. 7: Alán. 2-1, min. 15: Alán. 2-2, min. 19: Saura Jr. 2-3, min.22: Josema. 2-4, min.40: Espín. 3-4, min.40: Jason.
Árbitros: Kepa Diez // Mauricio Jhonatan Bravo // Álvaro Sobral // Andrea González. Por parte de Burela FS foron amonestados con amarela Javier Couce (minuto 15), David Rial (minuto 17), Meira (minuto 18), Charly (minuto 19) y Alán (minuto 19). Por parte de Pinatar recibeu amarela Juanpi (minuto 9)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Segunda División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


