A gala de premiación terá lugar o vindeiro domingo, 30 de novembro
Barreiros, 13 de novembro de 2025. O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros 2025, promovido polo Concello de Barreiros que sufraga os gastos do cronometraxe e seguros das probas, rematou esta fin de semana coa carreira popular “Ao Son do Masma” celebrada en Celeiro de Mariñaos e organizada polo Colectivo Cultural Ollomao.
Logo de disputarse as seis probas que integran o calendario; a carreira solidaria de Reis (xaneiro), a carreira das Praias, (abril), o 1/2 km Vertical (xullo), a carreira Benquerencia Terra-Mar (agosto), o trail Monte Comado (outubro) e a carreira Ao Son do Masma (novembro), resultaron vencedores absolutos/as Miriam Folgueira Rico e David Manuel Martínez Rodil.
Completan o pódium feminino Romina Reimondo Gasalla (2ª) e Lourdes López Villar (3ª), mentres que na categoría masculina acompañan ao campión, Óscar Murado (2º) e Manuel Pérez (3º).
A boa participación nesta cuarta edición do circuíto afianza o proxecto +KmsBarreiros como unha referencia, xa non só na Mariña lucense, se non tamén en toda a provincia e occidente de Asturias, no que se combina deporte, natureza e dinamización social.
A gala final de premiación celebrarase o domingo, 30 de novembro, na Praza do Concello de Barreiros, onde se recoñecerá o esforzo das persoas participantes de todas as categorías.
As e os atletas das categorías de menores que completasen tres das cinco probas recibirán un obsequio, mentres que as e os gañadores das categorías de adultos obterán trofeos e premios en metálico.
En total, repartiranse 1.000 euros en premios: 150€, 100€ e 75€ para os tres primeiros postos das clasificacións absolutas, e 35€ para as e os vencedores de cada categoría adulta. Ademais, entregaranse trofeos especiais ás persoas que completasen as seis probas do circuíto, como recoñecemento á súa fidelidade e regularidade.
Desde o Concello de Barreiros agradecen a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións organizadoras das probas: Praias de Comado, Augas Santas de Barreiros e Ollamo, así como o apoio prestado pola agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros e o tecido empresarial que apoia estas iniciativas deportivas.
As clasificacións:
Absoluta feminina:
1. Miriam Folgueira Rico
2. Romina Reimondo Gasalla
3. Lourdes López Villar
Absoluta masculina:
1. David Manuel Martínez Rodil
2. Óscar Murado
3. Manuel Pérez Pérez
Sub 10 feminina:
1. Celtia López Ojen
Sub 10 masculina:
1. Manuel Valle Lis
Sub 12 feminina:
1. Icía López Ojen
Sub 12 masculina:
1. Jesús García García
Sub 14 feminina:
1. Noa Villota Pernas
Sub 14 masculina:
1. Bruno Pintos López
Sub 16 feminina:
1. Helia García González
Sub 16 masculina:
1. Pedro Moirón Soto
Sub 23 feminina:
Deserta
Sub 23 masculina:
1. Juan David Prado López
Sénior feminina:
1. Miriam Folgueira Rico
Sénior masculina:
1. Rafael Castro Sinfontes
Master A feminina:
1. Romina Reimondo Gasalla
Master A masculino:
1. David Manuel Martínez Rodil
Master B feminina:
1. Sonia González Valea
Master B masculino:
1. Óscar Murado
Master C femininia:
1. Lucía López Palmeiro
Master C masculino:
1. José Antonio Orozco Vázquez
As clasificacións completas así como toda a información do circuíto pode consultarse na web www.maiskmsbarreiros.gal





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.

