As inscricións teñen un prezo de 20 euros por participante e estarán abertas ata o 2 de decembro
Cariño, 28 de novembro, 2025. O Concello de Cariño abre as inscricións para unha nova edición do campamento de conciliación ‘Concilia Cariño de Nadal’, unha iniciativa deseñada para ofrecer ás familias unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación nunhas datas especialmente complexas para a organización familiar.
O campamento celebrarase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e 2 e 5 de xaneiro no CEIP Manuel Fraga Iribarne, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e conta cun máximo de 36 prazas dispoñibles.
Durante as xornadas, os participantes gozarán de actividades centradas na música e o movemento, a ciencia, dinámicas de grupo, manualidades e cociña, entre outras propostas de lecer educativo.
As inscricións estarán abertas ata o martes, 2 de decembro, ás 14:00 horas e poderán formalizarse de forma telemática a través da páxina web escuelacontalento.es/campamentos. O prezo desta edición é de 20 euros por participante, con descontos para familias que inscriban a máis dun fillo. Este ano, o campamento presenta un prezo máis accesible co obxectivo de chegar a un maior número de familias do concello. As bases completas do programa poden consultarse na páxina web municipal.
A alcaldesa, Ana María López, destaca que “desde el Concello seguimos apostando por políticas que sitúan a las familias en el centro. Estos campamentos son un ejemplo claro de nuestro compromiso con la conciliación, especialmente en unas fechas en las que la organización familiar resulta más compleja. Nuestro objetivo es ofrecer un recurso útil, accesible y de calidad a las familias de nuestro municipio”.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



