Foz, 28 de novembro, 2025. A Aula Universitaria da UNED de Foz organiza este mes de decembro dúas propostas destinadas a promover a creatividade, a convivencia familiar, o aprendizaxe lúdico e a solidariedade nestas datas tan sinaladas
A primeira proposta será un “Obradoiro creativo de Galletas de Nadal en Inglés” e terá lugar o próximo 23 de decembro, de 11:00 – 13:00 horas nas instalacións da Aula Universitaria de Foz, dirixido por Leticia Veiga, colaboradora habitual da aula nas actividades de lingua inglesa. A actividade está dirixida a nenos e nenas en idade escolar, que poderán participar acompañados das súas familias nunha sesión onde practicarán inglés mentres comparten unha doce experiencia de inspiración navideña. O obradoiro ten un prezo simbólico de 5 euros por participante e require inscrición previa.
A coordinadora da aula , Marta Muíña, subliña que “este tipo de actividades permiten aprender de forma divertida, combinando creatividade, familia e práctica do inglés nun ambiente próximo e motivador”. Engade ademais que “é unha oportunidade para abrir a aula á comunidade e ofrecer propostas accesibles que fomenten o gusto pola aprendizaxe”.
Xunto ao obradoiro, a UNED de Foz impulsa tamén a campaña “Nadal Solidario”, unha recollida de alimentos destinada a apoiar ás familias que máis o precisan nestas datas. Os produtos doados serán entregados a entidades sociais do municipio para contribuír ao seu labor asistencial.
A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou a importancia desta iniciativa afirmando que “o Nadal é un momento no que debemos lembrar a necesidade de coidar uns dos outros. Actividades como esta fortalecen o compromiso comunitario e permiten que todos poidamos poñer o noso grao de area”. Martínez Pena agradeceu, así mesmo, a colaboración cidadá e o impulso da UNED na organización de propostas educativas e solidarias.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar coa Aula Universitaria da UNED en Foz a través das súas canles habituais, a consulta da web oficial da UNED (www.uned.es) ou o contacto a través do correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



