Viveiro, 2 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro defende a moción aprobada no pleno para instar á Xunta a dotar nos próximos orzamentos as partidas necesarias para acometer a VAC da Costa e, urxentemente, a variante de Viveiro. Iria Cotelo declarou que “demandamos que o Goberno Municipal dea traslado desta moción á Xunta para ter a variante operativa antes do 2028. Sen embargo, a postura do Goberno Municipal é moi preocupante, dando por bo o orzamento da Xunta que prevé importes insuficientes que, por riba, nunca se executan” ao que a voceira nacionalista engade que, “no BNG xa fixemos o noso traballo emendando os orzamentos galegos para que se inclúa unha partida realista para a VAC”
Dende o BNG indican que “cos propios datos da Xunta, a variante superaría unha inversión de 100 M€ e orzamentan 10M€ a partir do ano 2027. É dicir, con este orzamento levaría máis dunha década, no mellor dos casos, facer unicamente a variante de Viveiro. O PP de Viveiro anunciou como boa esta inversión, o que suporía ter a variante no 2040. Como fai 25 anos, un PP local sumiso ante a Xunta, agora con Mariña Gueimunde ao fronte, segue condenando a esta parte da Mariña a un atraso crónico en infraestruturas. O Partido Popular e Por Viveiro débenlle explicacións á veciñanza, pois prometeron a licitación da variante no 2025, e nin eles cren xa no que asinaron.
A formación nacionalista sinala que continúa loitando contra os continuos incumprimentos dos gobernos do PP: “Un cuarto de século de atrasos causou unha grande ferida a esta zona da Mariña tanto a nivel social e económico. Isto xa é dificilmente recuperable, mais hai que comezar a traballar con urxencia e axilidade, e o PP non está polo labor. A Xunta do PP foi incapaz de licitar un só metro de VAC en máis de 20 anos. Os 17 km xa executados nos tramos Xove-Area e no de Ortigueira, foron licitados co BNG no Goberno da Xunta, e seguimos mantendo un compromiso firme en infraestructuras. Non aceptaremos nin máis mentiras nin propostas insuficientes, polo que anunciamos mobilizacións ante a actitude do goberno galego”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



