Á vista dos orzamentos aprobados o pasado xoves para o ano 2026 o BNG considera que se perdeu unha oportunidade para romper co continuísmo de anos anteriores e implantar políticas novas para transformar a vida diaria da veciñanza. “Todo vai seguir máis ou menos igual”, polo que denotan estar ante un goberno estancado e sen ideas novas para mellorar a vida diaria da veciñanza
Mondoñedo, 2 de decembro do 2025. Para o voceiro do BNG, Eloi Cabanas, estes orzamentos non cumpren co mantemento dun servizo eficiente dos espazos e edificios públicos do concello e a falta de persoal, con dez prazas vacantes sen cubrir, é un factor que o goberno popular debera ter presente á hora de atender as necesidades do concello ao longo de todo o ano.
Eloi lamenta que estes orzamentos carezan de realismo e sexan só un rápido “corta e pega” de exercicios anteriores onde seguen aumentando partidas en gastos diversos ou outros traballos realizados por outras empresas profesionais que si se poderían facer desde o concello con medios propios.
-ANEXO DE INVERSIÓNS-
Para o BNG o anexo de inversións é unha mostra clara da falta de traballo institucional do goberno de Manuel Otero onde se fía todo ao remanente de tesourería para gastos xerais sen executar de anos anteriores e nas modificacións de crédito entre distintas áreas de gasto xa que inversións con aplicación orzamentaria doutras administracións só se recollen as correspondentes a conta do Plan Deputación e do PEIM por valor de 32.000 €.
Aos nacionalistas chámalles a atención que fora do anexo de inversión anuncien a previsión doutras inversións para o exercicio 2026 sen contaren con consignación orzamentaria necesaria por valor de 1169000 € e onde se repiten actuacións que quedaron pendentes de facer do ano pasado. “Na práctica son os mesmos orzamentos de sempre, a mesma canción pero máis cargada de bombo, con repetición de propostas que non foron capaces de amarrar neste exercicio polo que nos preguntamos que razóns nos van facer crer agora na capacidade do Partido Popular para rematar todos os proxectos anunciados para o vindeiro ano”.
-PROPOSTAS-
O BNG apunta que propuxo alternativas no debate dos orzamentos para o mantemento dos servizos que presta o concello como a necesidade de dispoñer de máis persoal cualificado para manexar os medios e a maquinaria coa que conta o concello así como a actualización da RPT para que estea adaptada á realidade actual do concello.
Demandan do goberno un control máis eficiente do gasto en festas e en axudas ao tecido asociativo con liñas de axuda ben en réxime de concorrencia competitiva e subvencións nominativas a aquelas asociacións que se sabe que organizan o mesmo evento tódolos anos ou unha partida especifica para incentivar o asentamento de empresas no polígono.
O BNG tamén botou en falta no orzamento partidas específicas para o arranxo das deficiencias da piscina municipal e denuncian que non se teñan en conta propostas que veñen demandando desde o seu grupo desde fai tempo e que foron aprobadas en pleno por unanimidade como e a elaboración dun inventario de camiños públicos de titularidade municipal ou medidas para o fomento do comercio local.
Eloi Cabanas considera insuficiente que o goberno se comporte como un mero xestor ao limitarse a intentar cubrir as necesidades básicas do concello, “unha vez máis os orzamentos para Mondoñedo son unha oportunidade perdida de dotar o noso concello de políticas novas e servizos máis eficientes para o conxunto da cidadanía”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



