A lei aprobada polo PP no senado leva 33 meses parada no Congreso, polo bloqueo do PSOE e os seus socios, impedindo que se poidan adoptar medidas como o desaloxo express en 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas ocupadas e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro
Xove, 3 de decembro de 2025. O Partido Popular presentará iniciativas en todas as administracións nas que ten representación para esixir ao Goberno do Estado a avanzar na tramitación da lei contra a ocupación ilegal, xa aprobada polo Senado.
Así o anunciaron os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro (tamén alcalde de Xove), acompañados da deputada no Congreso, Ana de Bande, e outros representantes do Partido Popular.
Os populares recordaron que hai poucos días aprobouse hai uns días no Senado — co voto en contra do PSOE e do BNG — a toma en consideración dunha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións dunha vivenda ocupada non sexa considerado delito de coacción.
A deputada no Congreso, Ana de Bande, afirmou que “ao propietario protéxeselle e ao okupa se lle desokupa”. Desde o ano 2017 disparouse a ocupación de vivendas na provincia de Lugo un 218% e nos 7 anos de Goberno do PSOE ocupáronse na provincia de Lugo 137 vivendas.
Ana de Bande recordou que “é inconcibible “que o Goberno teña paralizadas a lei antiocupación que aprobou o Senado presentada polo Partido Popular, e que agora está bloqueada no Congreso. Unha lei na que propoñemos desocupación ás 24 horas, non dar de alta no padrón ao okupa, ademais de que non sexan delito deixar o propietario de pagar as subministracións de auga ou de luz como suceden na actualidade.
A proposta diríxese agora ao Congreso “onde agardamos que non quede nun caixón como outras Leis aprobadas no Senado e que están bloqueadas no Congreso”.
Entre esas iniciativas paralizadas atópase tamén a coñecida como Lei Antiokupación — que conta coa luz verde do Senado desde febreiro de 2024, tamén a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG —. Esta lei recolle medidas como o desaloxo exprés en 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro.
Ademais, a deputada popular no Congreso recordou que “onte mesmo coñeciamos os datos de criminalidade máis recentes do Ministerio do Interior e vemos como a taxa por criminalidade por cada 1.000 habitantes de xaneiro a setembro de 2018 era un 16,1 e subiu seis puntos de xaneiro a setembro de 2025, ata 22,1 na provincia de Lugo”.
Pola súa banda, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recordou a “inxustiza” da ocupación ilegal de vivendas “que é evidente”, e urxe unha solución para casos coma os rexistrados tanto en Xove como en Viveiro, así como noutras moitas localizacións da provincia, de Galicia e do conxunto de España.
Ameijide lamentou “a negativa do PSOE e do BNG a apoiar medidas contra a ocupación” o que deixa en evidencia unha desconexión cos reclamacións cidadáns. “Os veciños piden protección e axilidade, mentres estes partidos optan polo bloqueo e polo atraso na tramitación das leis”, sinalou.
A pasividade ou o bloqueo destas forzas políticas está a perpetuar un problema que afecta directamente á convivencia e á seguridade das familias. “Mentres dende o PP promovemos reformas para dar respostas claras, outras formacións seguen negándose a actuar ou mesmo minimizan o impacto real da ocupación ilegal”, lamentou.
Pola súa banda, o deputado provincial e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, recordou como neste municipio existe unha repulsa xeneralizada ante estes feitos, acompañada dunha fonda preocupación social pola falta de ferramentas legais eficaces fronte a situacións que xeran inseguridade e indefensión.
Deste xeito, Demetrio Salgueiro explicou que nas últimas semanas aumentou notablemente a instalación de alarmas e sistemas de seguridade nos domicilios, especialmente entre persoas maiores, que amosan un temor crecente a que se xeneralicen casos coma o que hoxe nos reúne. “A cidadanía percibe que a lei actual non ofrece unha resposta áxil, e demanda protección inmediata fronte á okupación ilegal”, lamentou.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



