Viveiro, 3 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro critica os atrasos e
restricións na tramitación das subvencións nominativas de 2025, derivadas da aprobación tardía do orzamento en xullo. Os convenios non se asinaron ata finais de outubro, reducindo a marxe de actuación das entidades.
Entre as limitacións introducidas destacan:
• As facturas subvencionables só se aceptaron ata o 30 de outubro, fronte ao 30 de novembro doutros anos.
• O prazo de xustificación reduciuse a 15 días naturais, rematando o 15 de novembro.
• Non se concedeu o anticipo do 80 % da subvención, obrigando a asociacións e clubs a recorrer a préstamos ou a adiantar cartos propios.
Ademais, varias entidades que tradicionalmente recibían apoio municipal quedaron excluídas do anexo de 2025, a pesar de representar a Viveiro en competicións e eventos.
O PSOE tamén desmente as declaracións da alcaldesa Mariña Gueimunde, que asegurou que se destinarían “máis de 325.000 €” ás subvencións nominativas. Segundo os anexos oficiais, a cifra real é de 221.700 €, inferior á de 2024.
Propostas para 2026
O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno varias medidas para mellorar a xestión das subvencións:
1. Restablecer os prazos tradicionais: facturas ata o 30 de novembro e xustificación mínima de 30 días.
2. Asinar os convenios antes de xullo, sempre que o orzamento o permita.
3. Recuperar o anticipo do 80 % no momento da firma.
4. Informar con antelación e por escrito de calquera cambio nos procedementos.
5. Revisar o listado de entidades nominadas, incorporando as que quedaron fóra en 2025.
6. Establecer unha reunión anual de coordinación co tecido asociativo no primeiro trimestre.
Recuperar a cobertura histórica da Biblioteca Municipal tras a redución dunha praza a media xornada
O Grupo Municipal Socialista de Viveiro alerta da situación da Biblioteca Municipal tras a recente xubilación dunha funcionaria que ocupaba unha praza a xornada completa. Na Oferta Pública de Emprego de 2026, o Concello decidiu convocar esa praza só a media xornada, decisión que consideran incoherente coas necesidades reais do servizo e da cidadanía.
Cómpre lembrar que, durante anos, a Biblioteca contou con dúas persoas a xornada completa e unha a media xornada, o que permitía ampliar horarios e atender á demanda estudantil e formativa. Actualmente, a dotación é insuficiente:
• 1 persoa a xornada completa (de vacacións).
• 1 persoa a xornada completa procedente doutro departamento.
• 1 bibliotecaria a media xornada.
Esta situación apenas garante unha cobertura mínima, facendo imposible manter a Biblioteca aberta en condicións adecuadas.
O PSOE solicita
1. Que o goberno municipal explique por que se reduce a media xornada unha praza que sempre foi a tempo completo.
2. Que se reconsidere esta decisión e se recupere a cobertura histórica, cun persoal suficiente para garantir unha apertura ampla e estable.
3. Que se aclare cal é o plan para asegurar un servizo esencial como a Biblioteca, especialmente en períodos de alta demanda.
O PSOE reclama apoio municipal ás Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima e denuncia o abandono do patrimonio histórico
O Grupo Municipal Socialista de Viveiro manifesta a súa preocupación pola falta de apoio do Goberno Municipal, presidido por Mariña Gueimunde, á celebración presencial das IX Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro.
Este evento, recoñecido internacionalmente e premiado en Roma en 2023 como exemplo de boas prácticas, converteu a Viveiro en referente estatal da investigación subacuática grazas á colaboración de FEDAS, FEGAS, Asociación Lembranza, Armada Española e UNED, e ao impulso do arqueólogo viveirense Antón López. Viveiro acolleu sete edicións presenciais e unha online pola pandemia.
Porén, este ano o Concello comunicou que non había partida económica para cubrir os gastos, obrigando a celebrar as xornadas exclusivamente de forma telemática.
Patrimonio histórico en risco
O PSOE denuncia tamén o deterioro dos cañóns da Fragata Magdalena e do obús de Rovira, elementos emblemáticos da memoria histórica local que levan quince anos sendo coidados e que hoxe presentan un evidente abandono. Xa advertiran desta situación en pleno, sen que se tomaran medidas.
Proposta socialista
O Grupo Municipal Socialista solicita que nos Orzamentos de 2026 se inclúa unha partida específica para:
1. Garantir a celebración presencial das Décimas Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima.
2. Acondicionar e conservar os cañóns da Fragata Magdalena e o obús de Rovira, como símbolos da historia e da identidade cultural de Viveiro.
Explicacións pola suspensión da carreira de homenaxe a Adrián Ben
O Grupo Municipal Socialista de Viveiro solicita ao Goberno Municipal que explique os motivos polos que este ano non se celebrou a carreira de homenaxe a Adrián Ben, o deportista máis laureado da historia da cidade e Fillo Predilecto do municipio.
Esta proba, organizada anualmente como recoñecemento á súa traxectoria e éxitos deportivos, conta cun importante interese social e deportivo para Viveiro, tal e como transmitiron tanto deportistas individuais como colectivos locais.
O PSOE pide tamén que se aclare se está prevista a súa realización noutra data —por exemplo nas festas do Nadal— ou se existe a intención de deixar de organizar esta actividade, para que tanto a Corporación como a cidadanía coñezan con transparencia cal será o futuro desta carreira.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



