Xove, 6 de decembro, 2025. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Mª Dolores Meitín, presentou a programación de actividades culturais de Nadal, deseñada para ofrecer diversión e maxia a toda a veciñanza que desexe achegarse a desfrutar destas datas tan entrañables.
O programa cultural para este Nadal desenvolverase ata o 5 de xaneiro e inclúe unha ampla variedade de propostas que combinan tradición e entretemento, pensadas para todas as idades.
Tamén destacan as actividades promovidas desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, que organiza a VII Gala do Emprendemento Local, un cabaré guiado por Dani Ríos para todos os públicos, e o mercado de Nadal “O Faio de Generosa”, que ademais contará coa participación do grupo de pandereteiras Xaora.
Este xoves, 4 de decembro, deu comezo a programación cun emotivo acto inaugural das luces de Nadal, no que o alumnado da Escola Municipal de Música interpretou fermosas panxoliñas para todos os asistentes.
Ao longo de todo o mes, a veciñanza poderá gozar dunha ampla variedade de propostas: actuacións de maxia, obras teatrais, concurso de karaoke, concerto de acordeóns, inchables para os máis pequenos, festas infantís e moita animación.
Non faltarán tampouco os eventos máis esperados de cada ano, como a visita especial de Papá Noel o día 22 e, o 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Xove, que porá o broche final ás festas de Nadal.
Ademais, desde o Departamento de Cultura faise un chamamento a todas as persoas que desexen unirse ao desfile real como paxes ou axudantes, con vestimenta propia destas datas, para participar na cabalgata. As persoas interesadas poden inscribirse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) antes do 26 de decembro.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, destaca a importancia de manter viva a ilusión do Nadal en Xove para que estas festas sexan un tempo de unión e alegría para toda a veciñanza, e agradece a todas as persoas voluntarias e asociacións colaboradoras o seu apoio na organización destes eventos.























Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



