Foz, 9 de decembro, 2026. Fíxoo cunha sobremesa especial. A súa elaboración é unha creación de autor baseada no produto principal. Buscouse a abstracción da forma dun cogomelo que Brais recollía frecuentemente co seu avó: o boletus.
Trátase dun pé branco elaborado a partir dunha suave ganache de boletus cun corazón de cantarelus confeitadas a baixa temperatura con vainilla, envolta cunha delicada cobertura final de mousse de vainilla. Un pé que contrasta en forma e cor co chapeu: unha semiesfera realizada sobre unha base de biscoito de chocolate, mousse de cacao e unha fina cobertura de chocolate negro. Unha maridaxe perfecta co sabor dos cogomelos, pechando en boca a sensación dunha sobremesa suave, elegante e chea de matices.
Ambas pezas preséntanse sobre unha “terra”, evocando o modo no que atopamos os cogomelos no bosque. Esta terra recórdanos ao manto vexetal e introduce aromas de trigo e abelás tostadas, xunto coas notas lácteas da manteiga, para acompañar e achegar unha textura crocante ao conxunto.
Toda unha mostra do espectacular traballo de laboratorio que se crea nas nosas cociñas, que transcende e nos achega ao natural, provocando en nós agradables sensacións, emocións e lembranzas.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



