Burela, 9 de decembro, 2025. A Fundación Eu Son pon en marcha “Unindo Talentos”, unha iniciativa que reúne a creatividade de artistas da comarca co traballo das persoas usuarias do Obradoiro de Serigrafía do Centro Ocupacional. O proxecto nace como un espazo de colaboración, intercambio e recoñecemento mutuo, no que cada talento suma e se potencia co outro.
Os artistas participantes —Lula Dom, Adri Pardo, Fodelo Pelexo, Martín Lestao, Belén Mogo, Davixino e David Catá— cederon obras propias para dar vida a unha colección de bolsas de tela serigrafadas á man, convertendo cada peza nun produto único.
No proceso, as persoas con discapacidade do Centro Ocupacional teñen un papel protagonista, aplicando as súas habilidades manipulativas e creativas na produción das bolsas. O resultado é un proxecto que visibiliza capacidades, impulsa o talento local e fortalece o traballo en comunidade.
As bolsas venderanse a 25 €, e os beneficios dividiranse a partes iguais entre os artistas e a Fundación Eu Son, garantindo un modelo xusto e coherente co espírito da iniciativa.
Puntos de venda
1. Fundación Eu Son
Enderezo: Rúa Suafonte nº 47, baixos – Burela
Horario: de luns a venres, de 10:15 a 18:00 h
Peche temporal: do 20 de decembro ao 4 de xaneiro de 2026
Nestas datas, as bolsas poderán adquirirse en Lagaña Tattoo.
2. Lagaña Tattoo
Enderezo: C/ Rosalía de Castro nº 26 – Burela
Horario: de luns a venres, de 16:30 a 20:00 h
Datas de venda: do 22/12/2025 ao 2/01/2026






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



