Esta tarde en Vista Alegre, presentouse o patrocinio xunto ás novas equipacións da entidade laranxa
Burela, 11 de novembro, 2025. Onte á tarde no pavillón Vista Alegre de Burela, o conxunto laranxa presentou o patrocinio de REYCO que pasará a formar parte do nome dos dous equipos para o que resta de tempada 25/26, “REYCO Burela FS”. A empresa, líder en transporte e loxística a nivel internacional, con sede central en Fazouro (Foz) e delegacións en Valencia, é unha das compañías españolas máis importantes no seu sector. Con máis de 30 anos de experiencia, continúa medrando nun mercado en auxe no que soubo adaptarse á perfección. Aproveitando a ocasión, tamén se presentaron as novas equipacións para este curso 25/26, que serán laranxa, azul e negra (correspondéndose a 1ª, 2ª e 3ª equipación) nun acto no que participaron o fundador da empresa mariñá, Miguel Ángel Rey, xunto ao CEO, Iván Marrube por parte de REYCO e por parte do club, o presidente José Luis Sáez, xunto aos directivos/as Yolanda Álvarez, Marcelino Luna e Auditor Lombardía, así coma os dous equipos sénior (xogadores/as e corpos técnicos). Abreu o acto o presidente da entidade laranxa, José Luis Sáez, que tras agradecer a asistencia a todos/as os presentes e presentar a REYCO coma patrocinador principal do club, declara, “estanos axudando moito este ano, en diferentes aspectos, para poder seguir latendo. Agradezo persoalmente e en nome de todo o club, tanto a Miguel coma a Iván, que aposten por nós no momento máis complicado, o que estamos afrontando”. Ademais de agradecer tamén a todos/as directivos/as que continúan ou se sumaron ao proxecto nesta tempada difícil, asegura que “non é doada a aposta que fan por nós, tanto Miguel coma Iván, porque moita xente declinou, se marchou ou nin sequera nos recibeu debido ás delicadas circunstancias e contexto, por iso o agradecemento a REYCO é dobre, primeiro por axudarnos e segundo por confiar en nós”. No referente ao ámbito deportivo, “vamos entrar agora na segunda metade da tempada, o tema deportivo tamén é importante, a esixencia é manter a categoría, algo complicado nas dúas divisións debido a contar con dous planteis moi curtos, pero que son o que podemos ter, de pouco vale volver a endeudar o club coma xa se fixo. Sei que é un esforzo grande, tanto para o conxunto masculino coma feminino. Agora que entre o novo ano esperamos ter máis facilidades coas empresas, xa que comezan un novo ano fiscal a diferencia dos clubs deportivos, que imos de tempada en tempada, o cal xera complicacións, e reforzaremos ambos equipos o que se poda, se se pode, pero sempre atendendo á economía do club e á viabilidade. Eu creo que é mellor non estirar os pés máis que a manta.” José Luis cede a palabra ao CEO da empresa REYCO, que comeza animando a ambos equipos para aspirar ao máximo, “vou comezar desdecindo un pouco ao presidente (bromea), xa que coñezo ben as plantillas, tanto a do equipo feminino como a do masculino, e animaríavos a obxectivos moito máis ambiciosos que limitarse a loitar pola permanencia, porque coñecéndovos e na medida da capacidade que teñades de soñar, conseguiredes resultados. Se sodes capaces de loitar e ser ambiciosos podedes sorprender a todo o mundo cos resultados que podedes conseguir estas tempadas. Polo demais, podedes estar tranquilos, porque me consta que a xente que está detrás tanto no club coma na directiva, se está preocupando para que todo saia ben e así vai ser”. Tras as motivadoras palabras de Iván Marrube, o fundador de REYCO, Miguel Ángel Rey, conclúe, “nós chegamos aquí debido ás circunstancias que todos coñecedes, decididos a apoiar aos dous equipos para que intenten manter as categorías, primeira e segunda, o cal é un orgullo para todo Burela e para toda a costa de Lugo, e imos estar aquí para colaborar e axudar, podedes contar con nós”.
A continuación pasouse á presentación da nova equipación de REYCO Burela FS, que puideron estrear e lucir os tres capitáns de cada equipo, Silvia Rubal e Pitero (1ª capitá e capitán) coa primeira equipación, de cor laranxa; Alberto e Ana Eliza (2º capitán e capitá), coa segunda equipación, de cor azul; e Cris Blanco e Charly (3ª capitá e capitán), coa terceira equipación, de cor negra. Os dous equipos fixeron un pasillo aos tres capitáns simulando a clásica saída a pista dos xogadores ao inicio dun partido e posteriormente realizouse unha fotografía cos seis capitáns/ás, portadores das tres equipacións, José Luis Sáez e os representantes de REYCO. Finalmente tomouse outra imaxe de “familia” con todos os asistentes ao acto. (adxúntanse imaxes e vídeo).
Dende o club, “queremos agradecer enórmemente todo o apoio que nos está brindando REYCO, importante tanto para os traballadores e deportistas que formamos parte dela, coma para Burela, a comarca da Mariña Lucense e para o deporte galego e español. Un club pioneiro no referente á igualdade e aos dereitos da muller no deporte, que poderá continuar configurando un novo proxecto baseado nos mesmos principios e cuxa filosofía reside na formación dunha canteira, tanto masculina coma feminina, de calidade”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



