A Mariña, 13 de decembro de 2025. A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) fai un balance positivo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que tivo lugar do 25 de outubro ao 30 de novembro.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, subliñou que “foron 5 fins de semana de traballo para a promoción do comercio local desta comarca con visitas a ducias de negocios das vilas polas que pasamos: Foz, Lourenzá, Ribadeo, Viveiro e Burela e nas que as 18 persoas convidadas coas que contamos puideron coñecer de preto negocios con cerca de 100 anos de vida, negocios lonxevos con varias xeracións á súa fronte e tamén comercios de nova apertura. E sobre todo descubriron a paixón e o esforzo que hai detrás de cada mostrador”.
Cruzado Iglesias contou que “con esta campaña realizamos 5 sorteos de vales de compra por importe de 2.500 euros en Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova, Xove e Burela. E as nosas convidadas e convidados durmiron en hoteis desta comarca e gozaron da exquisita gastronomía na hostalería da Mariña. Con esta campaña contribuímos á dinamización do comercio local, pero tamén dos hoteis e dos restaurantes polos que pasamos este outono”.
A presidenta da FCAM tivo palabras de agradecemento “para todas e cada unha das persoas que traballaron para que este proxecto fose unha realidade; a todas as persoas convidadas procedentes de ámbitos como o xornalismo, o cine, o deporte, a cultura; a todas as asociacións de comerciantes; aos Concellos; aos hostaleiros pola súa implicación… todos demos o mellor de nós para ofrecer unha boa imaxe do comercio da Mariña, da súa hostalería e dos seus enclaves turísticos. Todo isto foi posible grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Comercio, á que lle agradecemos o seu apoio”.
A campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense tivo unha grande repercusión mediática: “tanto nos medios de comunicación máis próximos como noutros de ámbito nacional, grazas á visita das persoas convidadas, que falaron desta campaña nas súas redes sociais e tamén nos medios nos que traballan: televisións, radios, publicacións escritas, etc… Desde a FCAM fomos contando a través das nosas redes sociais en vídeos todo o desenvolvemento desta campaña que xerou máis de 31.000 visualizacións”.
A FCAM segue a traballar a prol dos negocios locais da Mariña: “agardamos que a campaña de Nadal na que nos atopamos sexa moi positiva para todas e todos”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



