Semella que estamos a vivir tempos marcados pola mentira, non só pola facilidade que hoxe ten para expandirse, senón tamén porque detrás de moito do que escoitamos e vemos a diario agóchase unha deliberada pretensión de escamotear a verdade e falsificar a realidade.
Esta tendencia á degradación, sobre todo da vida pública, está a producir unha enorme desafección na cidadanía, que ve como o cinismo e as malas prácticas están a corroer institucións creadas no seu momento para defender o ben común.
O obxectivo fundamental desta pretensión deliberada de enganar e manipular, que parte de poderosos sectores económicos, non parece ser outro que o de tapar e protexer o inxusto estado de cousas que estamos a vivir. De tal forma que a verdade que orixina esta inxusta realidade non chegue á conciencia da xente.
Para este fin, entre outras artimañas, búscase canalizar o malestar social culpando das súas causas aos máis vulnerables e indefensos. O exemplo máis nidio atopámolo hoxe nos inmigrantes, sobre os que recaen culpas alleas co fin de ocultar aos verdadeiros responsables.
E neste obxectivo de distorsionar a realidade para enganar e confundir traballan arreo medios de comunicación controlados por grandes poderes económicos, as redes sociais e plataformas dixitais dos magnates tecnolóxicos e moita outra xente no eido da política. Todos co claro propósito de que non se coñezan os verdadeiros motivos da continuada degradación das condicións de vida da xente do común.
Con tal fin, créanse e magnifican a diario problemas culturais e identitarios que nada explican da actual decadencia das clases medias, da descomposición do tecido social, da frustración e do descontento dunha mocidade que ve como se ningunean as súas expectativas de futuro ou como proliferan centos de traballos que non garanten unha vida digna ou impiden, xunto coa carestía da vivenda, toda posibilidade de emanciparse e pensar en construír un futuro decente.
Esta é a realidade da que se pretende agochar as verdadeiras causas que a alimentan, tratando de pór o foco mediático nos colectivos máis fráxiles e indefensos ou creando escenarios de ruído para impedir pensar e fomentar a desafección.
Desta forma é como os grandes poderes, a través das súas terminais mediáticas e políticas, logran canalizar o descontento cara outras esferas da realidade que nada teñen que ver coas causas verdadeiras que provocan o malestar da xente do común, o que nos leva a vivir nun mundo irracional e surrealista, difícil de descifrar e propicio para a confusión.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



