A Mariña, 13 de decembro de 2025. Na mañá de hoxe, o BNG presentou en Celeiro (Viveiro) as liñas principais da campaña coa que pretenden facer un frente común coa sociedade mariñá para esixir da Xunta e do Goberno do Estado o remate destas importantes vías de comunicación que deben vertebrar a Mariña e conectala co resto dos territórios.
Os nacionalistas recordan que neste outono cumpríronse 25 anos do desvio da Autovía do Cantábrico cara a Vilalba que deixou as zonas central e occidental da Mariña desconectadas, ao igual que a comarca do Ortegal, e sinalan tamén que a VAP Costa Norte que se anunciara como compensación ao desvio da A-74 por Vilalba leva anos paralizada e só se executaron os dous tramos (Xove e Ortigueira) que licitara o goberno bipartito. “É este un dos motivos do inicio desta campaña, afirma o responsable comarcal Antonio Veiga, que suliña tamén que todo o tecido económico da comarca vese afectado gravemente ao carecer destas importantes infraestruturas, o que provoca que a importante actividade empresarial que aqui se desenvolve non poda competir en igualdade de condicións ca outros sectores económicos de outros territórios”. Veiga referíuse tamén á A-74 Barreiros-San Cibrao, afirmando que non é de recibo que estando xa na recta final da terceira década do século XXI non haxa nin un só km de autovia construído por parte do goberno do Estado.
O deputado no Parlamento Daniel Castro referiuse ás contínuas negativas do goberno da Xunta a impulsar definitivamente a VAP “Cada vez que desde o BNG levamos iniciativas ao respecto ao Parlamento o PP non fai nin caso, proba disto foi o último debate parlamentário, donde a nosa emenda para axilizar a VAP foi votada en contra polo PP” afirmou.
A portavoz municipal de Viveiro Iria Cotelo referíuse á falta de seriedade neste tema do Partido Popular “En Viveiro votan a favor dunha proposta para acelerar o corredor e despois no Parlamento votan en contra. Viveiro non se merece esto, máxime tendo en conta que o PP anunciou a bombo e prato cando entrou no goberno de Viveiro cunha moción de censura, que o corredor ía ser a súa prioridade” manifestou.
Campaña, actos e mobilizacións
A colocación de valados e faixas polos concellos da comarca co texto “25 anos agardando. Autovía e corredor xa¡¡” será a parte máis visual desta campaña, e ademais haberá publicacións e dípticos informativos. Outra parte importante da campaña será nas redes sociais. Os actos informativos serán outros dos pilares desta campaña en diversos concellos, destacando o primeiro que se vai facer en Viveiro o próximo 9 de xaneiro, coa participación de colectivos sociais, empresariais, desportivos, culturais……
As mobilizacións ao longo do vindeiro ano serán outro eixo fundamental desta campaña, non só centradas na Mariña, senón tamén no Ortegal.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



