Viveiro, 16 de decembro, 2025. O grupo municipal do BNG de Viveiro vén de solicitar no pleno ordinario do mes de decembro que os orzamentos municipais de 2026 sexan presentados antes do 31 de decembro, co obxectivo de garantir a súa aprobación en tempo e forma e evitar unha nova prórroga orzamentaria.
Tras esta iniciativa, os concelleiros Iria Cotelo, Juan Ramón Martínez e Seve Salgueiro mantiveron unha reunión coa actual equipa de goberno, na que se lles presentou, sen entrar en excesivo detalle, “un orzamento continuista, con axustes obrigados, que non contempla avances reais nas promesas realizadas polo Partido Popular ao acceder ao goberno”, segundo explicou a portavoz municipal do BNG, Iria Cotelo.
“Estamos diante dun calco de orzamentos anteriores, sen avances na consignación comprometida pola Xunta para o Conservatorio, sen investimentos nas redes de saneamento e abastecemento, sen a anunciada reforma da praza de abastos nin medidas reais para fomentar o emprendemento e a captación de empresas. Nada do prometido”, denunciou Cotelo.
Desde o BNG demándase tamén que os orzamentos recollan un incremento nas partidas destinadas ás subvencións para asociacións e clubes, garantindo que ningunha entidade con actividade quede excluída, como ocorreu nos orzamentos de 2025, un dos motivos que levou ao BNG a optar pola abstención naquela ocasión. Así mesmo, a formación nacionalista considera imprescindible que se pechen os convenios prometidos coa Xunta de Galiza. “Non é de recibo que, tras acceder ao goberno en marzo co suposto respaldo da Xunta, nin hai convenios, nin existe para eles ningunha reserva orzamentaria por parte do Concello. Houbo tempo máis que suficiente para contar con proxectos avanzados ou pechados”, sinalan.
Na citada reunión, o goberno municipal solicitou tamén ao BNG o apoio da Vicepresidencia da Deputación. A este respecto, desde o BNG lembran que “o apoio a Viveiro por parte da Vicepresidencia é máximo, con colaboracións xa establecidas con diversas entidades do municipio”. Porén, engaden que para poder colaborar directamente co Concello “é imprescindible que o goberno municipal presente proxectos definidos, algo que até o momento non se produciu”.
Con todo, desde o BNG apelan á responsabilidade do goberno municipal para presentar os orzamentos antes de que remate o ano. “A pesar de non seren os nosos orzamentos, agardaremos a ver os definitivos, mais o noso propósito é o beneficio para a veciñanza e para Viveiro, polo que continuaremos sen poñer paus nas rodas. A cidadanía xa sufriu abondo o que é ter uns orzamentos prorrogados debido á actitude irresponsable do Partido Popular e de Por Viveiro, que bloquearon anteriormente os orzamentos, sen ningún tipo de fundamento e unicamente motivados por unha cuestión de protagonismo político”.
A variante e a fachada marítima: máis promesas sen avances
Outras inversións estratéxicas anunciadas polo Partido Popular e que, a día de hoxe, quedaron en simples promesas incumpridas son a licitación en 2025 da variante que conectaría coa VAC Costa Norte e a anunciada humanización da fachada marítima.
“Estamos diante dun Partido Popular incapaz de cumprir e xestionar aquilo que promete. A licitación da variante non se levou a cabo; o PP volveu votar no Parlamento galego en contra das emendas presentadas polo BNG para a VAC Costa Norte; e a Xunta limitouse a anunciar unha achega de apenas 200.000 euros para a humanización da fachada marítima, unha cantidade que apenas dará para asfaltar o aparcadoiro do muelle, executado en tan mal estado e do que a propia Xunta ten a titularidade sen realizar un mantemento axeitado”, denuncia a portavoz municipal do BNG, Iria Cotelo, e engade que “cada día que pasa resulta máis evidente que o BNG é a única formación política con proxectos serios e capacidade real de xestión para Viveiro”.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



