Mondoñedo, 16 de decembro de 2025. O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os públicos e concibido como punto de encontro durante estas datas tan sinaladas, e situado na Praza da Catedral.
Vila Nadal está promovido por Discovery Producciones en colaboración co Concello de Mondoñedo e integrado na programación de Nadal da cidade, co fin de ofrecer unha proposta novidosa e variada que combina lecer, cultura, gastronomía e actividades familiares, no corazón do conxunto histórico mindoniense “co obxectivo de favorecer ao comercio e hostelería local nestas datas”.
Entre os principais atractivos de Vila Nadal destacan as foodtrucks, con comida típica e produtos de tempada; os postos con artigos artesanais e de Nadal; así como unha exposición temática, que este ano está dedicada ao universo de Harry Potter, pensada para sorprender tanto ao público infantil como ao adulto.
A programación complétase con música en directo, espectáculos e actividades infantís, ademais da visita de personaxes que animarán o recinto durante as xornadas de apertura. Así, contaremos coa presenza das famosas K- Pop, Os Bolechas, e a actuación da orquestra Beatriz. O espazo permanecerá aberto diariamente dende o sábado 27 ata o martes 30 de decembro.
Entre os eventos máis salientables figuran as precampanadas infantís, que repetimos tralo éxito do ano pasado, e a festa de Pre fin de Ano, que converterán a Praza da Catedral nun dos principais escenarios do Nadal na comarca.
Desde o Concello de Mondoñedo convidan a todas as familias mindonienses e da comarca así como ás persoas visitantes a gozar de Vila Nadal, un incentivo que se suma á decoración que estes días loce o casco histórico, o barrio dos Muíños ou o belén da catedral.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



