Cervo, 17 de decembro, 2025. A localidade de Corme acolleu esta fin de semana o quinto e derradeiro torneo da Liga Galega de tiro con arco en sala, así como o Campionato Galego, organizados polo club Flechas por un Tubo. Ata alí desprazáronse os arqueiros do Club Iadovi de San Cibrao, Santiago González Villares e Jorge Álvarez Amor, que regresaron cun destacado balance deportivo.
Santiago González, prata na liga e bronce no Galego de arco espido
O sábado disputouse a modalidade de arco espido unificado, na que competiu Santiago González. No clasificatorio da mañá, e a pesar dunha lesión no ombreiro, asinou un segundo posto con 494 puntos, a súa marca máis baixa da liga pero suficiente para manter a medalla de ouro da Liga Galega, xa asegurada matematicamente tras a cuarta tirada.
Pola tarde chegaron as eliminatorias do Campionato Galego. En cuartos superou a Carmen Figueroa (Arco Trasno) por 7-1, aínda con sensacións irregulares. En semifinais protagonizou un duelo moi axustado contra o seu amigo Santiago Soneira (AD Sú A Agra), que se decidiu na frecha de desempate por só un punto.
Na loita polo bronce, fronte a Luis Miguel Suárez González (Lumelar), o cervense mantivo a tensión ata a última tirada e conseguiu a vitoria, colgándose así o bronce autonómico e pechando unha excelente tempada en Galicia. Agora afrontará as próximas citas nacionais.
Jorge Álvarez, prata na liga e bronce no Galego en arco composto +50
O domingo foi a quenda de Jorge Álvarez na modalidade de arco composto +50. No clasificatorio da mañá destacou pola súa regularidade, logrando un terceiro posto con 555 puntos. A presión por alcanzar o ouro fixo que baixase lixeiramente o rendemento, pero os resultados permitíronlle asegurar a medalla de prata da Liga Galega.
Pola tarde, nas eliminatorias do Campionato Galego, Álvarez mantivo a ambición. En cuartos venceu a Manuel Martín Ingelmo (Arc Teixo) por 141-137. En semifinais cruzouse con Ramón Iglesias Muiños (Meigarco), que se mostrou intratable cunha estabilidade perfecta de 139 puntos en todas as eliminatorias. O arqueiro do Iadovi quedou en 136 e pasou á loita polo bronce.
No duelo final reencontrouse co seu rival da liga, Daniel Motto Acosta (Archers Team). Lonxe de deixarse levar pola derrota anterior, Jorge entrou máis concentrado e protagonizou unha eliminatoria moi disputada. Finalmente impúxose por 140-139, acadando tamén o bronce autonómico.






















Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
