Viveiro, 19 de decembro, 2025. O Partido Socialista denuncia que o Partido Popular rexeitou todas as emendas presentadas aos Orzamentos da Xunta de Galicia que afectaban directamente a Viveiro, demostrando —din— que os anuncios non se corresponden cos feitos nin cos compromisos reais co concello.
No caso de Viveiro, o PSOE formulou tres emendas concretas e xustificadas, todas elas rexeitadas polo PP na tramitación parlamentaria.
En primeiro lugar, solicitouse incrementar a partida destinada á Vía de Altas Prestacións. Os 4 millóns de euros recollidos nos orzamentos resultan insuficientes e mesmo inferiores aos 10 millóns consignados o ano pasado, o que impide avanzar de maneira real nesta infraestrutura. Para o PSOE, esta dotación é “unha burla” e evidencia que a Xunta non ten vontade de impulsar unha vía fundamental para a Mariña.
En segundo lugar, os socialistas reclamaron máis fondos para a humanización do peirao de Viveiro. Lembran que o conselleiro do Mar anunciara un proxecto de arredor de 1,8 millóns de euros, pero nas contas da Xunta só aparece unha partida de 165.000 euros, claramente insuficiente e moi afastada do prometido.
Por último, o PSOE propuxo introducir unha partida de 300.000 euros para continuar a actuación na Rúa do Porto en Celeiro. Durante o anterior mandato socialista, o Concello executara unha obra de máis de 600.000 euros en colaboración coa Deputación de Lugo, quedando pendente a parte fronteiriza co dominio portuario, competencia de Portos de Galicia. A actuación fora aprobada por unanimidade nunha moción plenaria, pero non se incluíu nos orzamentos da Xunta.
Dende o PSOE lamentan que Viveiro quede de novo fóra dos investimentos reais da Xunta e critican que o PP empregue a súa maioría absoluta para rexeitar todas as emendas da oposición, mesmo aquelas pensadas exclusivamente para mellorar o concello. “Se unha actuación non está no orzamento, non é un compromiso real, só un anuncio”, conclúen.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



