A mobilización, acordada por unanimidade de todos os grupos da corporación municipal, terá lugar ás 12:00 horas fronte ao centro de saúde e chama á participación de toda a veciñanza
Vilalba, 29 de decembro, 2025. O Concello de Vilalba convoca unha concentración en defensa do centro de saúde o vindeiro xoves, 9 de xaneiro, ás 12:00 horas, fronte ás instalacións sanitarias.
Trátase dunha iniciativa acordada por consenso de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal, que decidiron deixar a un lado as cores partidarias para facer unha chamada conxunta á cidadanía ante a situación crítica que atravesa o servizo.
O obxectivo da concentración é defender un dereito fundamental como é o dereito á saúde e reclamar unha atención sanitaria pública digna, de calidade e con persoal suficiente para atender ás necesidades reais da poboación vilalbesa.
Desde o Concello faise un chamamento á veciñanza para que participe nesta mobilización, coa vontade de que toda a poboación se sinta representada e apoie unha reivindicación que afecta ao conxunto do municipio.
O centro de saúde de Vilalba leva anos arrastrando numerosos problemas derivados da falta de persoal, unha situación que lonxe de mellorar foi agravándose co paso do tempo. Na actualidade, dos 11 cupos de médicos de familia, 4 permanecen sen cubrir tras a xubilación dos profesionais titulares, o que provoca continuos atrasos na atención, dificultades para conseguir cita e longas listas de agarda.
A esta situación súmase a eliminación das especialidades de xinecoloxía e reumatoloxía, obrigando aos pacientes a desprazarse a outros centros para recibir atención especializada. No caso de enfermaría, o escenario é similar ao da medicina de familia, xa que as ausencias por baixas ou días libres non se cobren, o que repercute directamente na calidade asistencial.
Especialmente preocupante é tamén a situación do servizo de pediatría, denunciada pola veciñanza nos últimos meses. Na actualidade, dous profesionais están de baixa e só se cobre un único cupo, ben pola mañá ou con xornada prolongada, pero sempre cunha soa persoa. Esta realidade está a provocar que algunhas familias mesmo se vexan obrigadas a acudir á sanidade privada para poder atender aos seus fillos e fillas.
Desde o Concello de Vilalba insístese en que estamos a falar da saúde das persoas, dun dereito básico que debe estar garantido con medios humanos e materiais suficientes. A falta de persoal no centro de saúde non é unha cuestión menor: pode ter consecuencias moi graves e supón unha situación de profunda irresponsabilidade por parte das administracións competentes.
Por todo iso, o Concello anima á cidadanía a participar na concentración do 9 de xaneiro como mostra de unidade, responsabilidade e compromiso coa defensa dun servizo público esencial para Vilalba e para toda a súa comarca.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



