Mantéñense as 44 rutas polos 67 concellos, ás que se engaden 7 rutas accesibles, e nesta ocasión darase prioridade a participación de entidades que aínda non se beneficiaron da iniciativa
Lugo, 1 de xaneiro de 2026. A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases dunha nova convocatoria do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que ofrece viaxes gratuítas a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia.Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de 200.000€, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para o territorio, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local.
As bases sairán publicadas o vindeiro 10 de xaneirono Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes arrincará o 12 de xaneiro, ás 12:00 da mañá e permanecerá aberto ata o 16 de xaneiro. Nesta anualidade, as asociacións poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións, mantendo o mesmo modelo de anos anteriores: visitas guiadas a centros da Deputación e rutas a elixir, con transporte, xantar, guía oficial de turismo, seguro de viaxeiros e entradas incluídas.
Como novidade principal, esta edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de acceder ao programa a novos colectivos. As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica da Deputación ou no Rexistro Xeral. As entidades que participen por primeira vez deberán achegar unha copia do NIF da entidade.
O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



