Xove, 3 de xaneiro, 2026. A Concellería de Cultura do Concello de Xove anunciou a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao municipio, unha das citas máis agardadas do Nadal.
Os Reis Magos chegarán cedo a Xove para realizar unha visita especial á Residencia San Bartolomé, onde serán recibidos con gran cariño polos usuarios e usuarias do centro.
A continuación, desprazaranse á nave-almacén municipal, desde onde partirá o tradicional desfile de carrozas polas rúas de Xove a partir das 19:00 horas. O percorrido pasará diante dos dous centros educativos —o Instituto e o Colexio—, continuará pola Avenida Deputación ata o cruce do parque e baixará pola rúa Doutor José Baamonde Illade, antes de dirixirse ao Centro Cívico.
Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das carrozas para trasladarse ao Pavillón Municipal, onde contarán con tronos preparados para sacarse fotografías e recibir a todos os nenos e nenas que desexen achegarse para compartir ilusións e desexos.
A xornada estará amenizada pola música do DJ Conxuro, que animará ao público durante toda a tarde-noite.
Desde a organización permanecerán atentos á evolución meteorolóxica. No caso de que ás 19:00 horas as condicións do tempo sexan adversas, activarase un plan alternativo que trasladará directamente aos Reis Magos e ao seu séquito ao Pavillón Municipal, garantindo así que os máis pequenos poidan gozar igualmente deste momento tan especial.
A Concellería de Cultura expresou o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron de maneira desinteresada na organización da Cabalgata e das actividades de Nadal. O recoñecemento esténdese especialmente ao persoal municipal, así como a Papá Noel, Reis Magos, paxes reais, elfos, personaxes Disney, pastores, pastoras e cabaleiros que participaron nas celebracións.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



