Os senadores comparten o “malestar” porque, actualmente, só dous carteiros atenden todo o servizo postal dos municipios de Alfoz e O Valadouro
Lugo, 9 de xaneiro de 2026. Os senadores do PP lucense presentaron varias preguntas na Cámara Alta para esixir explicacións ao Goberno de Sánchez sobre a situación real da oficina do Valadouro a petición do alcalde do municipio, José Manuel Lamela, ante a fonda preocupación existente pola redución de persoal e o deterioro do servizo postal.
José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano advirten que o mal funcionamento de Correos, empresa pública encargada do servizo postal en España e dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, “está a ser xeneralizado, especialmente nas zonas rurais, onde se están a producir atrasos recorrentes nos repartos pola falta de persoal e a saturación das oficinas”.
No caso concreto do Valadouro e Alfoz, a situación xera malestar porque, actualmente, só dous carteiros atenden todo o servizo postal destes dous municipios lucenses. Durante o pasado mes de decembro, por exemplo, non se cubriron nin as baixas por xubilación nin as baixas temporais do persoal de repartición, o que agravou aínda máis os problemas de funcionamento.
Por todo isto, os representantes lucenses do PP no Senado formularon varias preguntas no Senado para coñecer cantos traballadores dispón Correos nesta oficina, detallando a evolución do persoal desde o ano 2018 ata a actualidade; cantos destes postos están efectivamente cubertos; cantos traballadores se atopan de baixa; cantas destas baixas non están cubertas e os motivos polos que non se procedeu á súa substitución.
O senador mariñán José Manuel Balseiro lembra que, especialmente no rural, “os carteiros desempeñan un papel fundamental como contrapeso á perda doutros servizos básicos, como bancos ou oficinas administrativas. Son moitos os veciños que aproveitan a visita do carteiro para realizar xestións esenciais, como o pago de recibos de auga, luz ou teléfono, o abono de tributos ou mesmo o rexistro de documentación, cartas e paquetería”.
Desde o Partido Popular reclaman ao Goberno de Sánchez que “adopte medidas urxentes para garantir un servizo postal digno e de calidade no rural lucense, evitando que a falta de persoal continúe prexudicando, neste caso, aos veciños do Valadouro e Alfoz”, segundo manifesta Balseiro.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



