Ribadeo, 14 de xaneiro, 2026. O venres 23 de xaneiro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/ Antonio Otero, 19) acollerá a décima sesión do ciclo Soberanía Dixital, titulada Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración.
A actividade está pensada para axudar as persoas asistentes a tomar o control do seu móbil e ordenador mediante ferramentas libres instaladas, comprendidas e adaptadas ás súas necesidades. O obxectivo é facilitar o uso dos programas e aplicacións indispensables para relacionarse coas institucións públicas.
As persoas interesadas poden, ademais de asistir, propoñer ferramentas ou apps concretas que desexen aprender a instalar. Desde a configuración do sistema de comunicación co SERGAS ata a solicitude de cita, pasando pola instalación de Chave365 ou do certificado dixital, o taller adaptará os contidos ás necesidades transmitidas previamente.
Para enviar propostas ou resolver dúbidas, pódese contactar con Mario Penelo ou con calquera membro de amarinha.gal, así como a través do correo:
mpenelo+soberaniadixital@gmail.com
Esta sesión dá continuidade á celebrada en decembro e será integramente práctica, centrada na instalación, comprensión e uso das ferramentas seleccionadas. Nesta ocasión non se repartirá fanzine, pero si unha pequena relación de apps e programas libres recomendados para consulta posterior.
Trátase da primeira actividade do ciclo 2026 impulsado por amarinha.gal, despois das nove sesións desenvolvidas ao longo do ano pasado. A participación é aberta, limitada unicamente polo aforo, e diríxese a todas as persoas interesadas en mellorar o seu coñecemento tecnolóxico e reflexionar sobre as implicacións da soberanía dixital nas nosas vidas.
Os locais da Biblioteca El Viejo Pancho foron solicitados e concedidos polo Concello de Ribadeo para acoller sucesivas presentacións e talleres arredor desta temática, tantas veces esquecida e cada vez máis necesaria.
Actividades celebradas en 2025
• Retomando as prazas públicas / Redes sociais
• Temos en común o coñecemento da Wikipedia / Mundo Wikimedia
• Sistemas operativos / Linux
• Blogs, información descentralizada / Unha alternativa informativa
• A IA. Posibilidades e perigos / Un tema enfocado ao futuro
• Dominio público / Tamén teu
• Contralgoritmia
• Solarpunk. Taller de futuros optimistas
• Administración electrónica. Ferramentas e axuda





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



