Viveiro, 15 de xaneiro, 2026. Viveiro volveu saír hoxe á rúa para defender a sanidade pública e reclamar a cobertura ao cen por cen das prazas de medicina de familia e pediatría no seu Centro de Saúde, de maneira estable, diaria e durante toda a quenda.
Convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña, centos de viveirenses —xunto con persoas chegadas doutros puntos da comarca— iniciaron ás 11.00 horas unha andaina que partiu do Centro de Saúde e rematou na Delegación Territorial do Mar, en Celeiro. Alí, unha representación da plataforma acudiu ás oficinas do rexistro para entregar preto de seis mil sinaturas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, recollidas desde o pasado 18 de setembro.
A continuación tivo lugar unha concentración diante do edificio da Delegación da Xunta, dando continuidade ás mobilizacións que se veñen celebrando de maneira ininterrompida desde hai oito meses en diferentes puntos da cidade.
“O pobo de Viveiro e da Mariña non se rende”
A entrega das sinaturas e a concentración posterior simbolizan, segundo a plataforma, que a cidadanía de Viveiro continuará organizada na defensa dunha sanidade pública con todos os seus profesionais cubertos.
Samuel Fernández Bouza, veciño de Viveiro e integrante da Plataforma Sanitaria, afirmou que, se o conselleiro de Sanidade pensa que a loita remata aquí, “equivócase, pois este pobo abandonado polos gobernos do PP sabe resistir temporais, sabe poñerse en pé cando cae e sabe loitar de xeito incansable polos seus servizos públicos, pola súa industria, polas súas infraestruturas, polo seu comercio, polo seu sector primario e pola súa xente con dignidade”.
Pola súa banda, a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, anunciou ao remate da concentración que SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago o domingo 1 de febreiro, cun percorrido desde a Alameda ata a Praza do Obradoiro. “Como parte de SOS, acudiremos a esta mobilización e poremos autobuses desde distintos puntos da Mariña, que iremos anunciando nos vindeiros días”, explicou.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



