Ribadeo, 17 de xaneiro de 2026. O Salón dos Alcaldes acolleu as recepcións ofrecidas polo Concello a 24 deportistas locais polos éxitos conseguidos ao longo do ano 2025.
No acto participaron o alcalde, Dani Vega, e o técnico de Deportes, Iván López.
As rapazas e rapaces homenaxeados recibiron tamén cheques económicos da man de Reny Picot. A empresa asturiana quixo sumarse un ano máis con esta achega de máis de 5.000 euros para apoiar as súas carreiras deportivas.
En atletismo os homenaxeados foron Paula Conde Carrelo e Pedro Moirón Soto; en hockey liña Xoel Nonide García; en piragüismo Mateo López Condorí, Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira, Elena González Rico, Carlota López Lorido, e Martín Feijoo Iglesias; en remo Carlota Peña Vior, Antón Balsa Val, Irene García Valle, Sara Rodríguez Álvarez, Zhanna Nelida, Mateo Monteserín González, Paloma Monteserín González, Sebastián Pérez González, Adriana García Martínez, Ariadna Millet Bouza, Conrado Lara Calonge, Alejandro Barreira López e Valeria Álvarez Fojo; en tai-chi Héctor Peña Díaz; e en tiro olímpico Iván Lindín Rodil.
Desde o Concello de Ribadeo felicitáronos polos éxitos do pasado ano e animáronos a seguir practicando deporte, a seguir adestrando e a seguir esforzándose. Tamén lles agradeceron que “o nome de Ribadeo se subise aos podios tantas veces no 2025. Sodes un orgullo para todos nós”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).

