Ribadeo, 19 de xaneiro, 2026. Acisa estará presente en FITUR 2026 coa súa nova marca turística, Ribadeo, o teu próximo destino, unha campaña coa que a entidade busca reforzar a promoción do municipio como destino de referencia. A presidenta da asociación, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha nova edición da Feira Internacional de Turismo e, como non pode ser doutro xeito, Acisa estará presente durante tres días xunto ao Concello de Ribadeo”.
Cruzado lembrou que a entidade leva acudindo á feira desde case a súa fundación, hai 37 anos: “Somos a organización que representa ao sector turístico do municipio e a súa promoción forma parte da nosa labor fundacional. Buscamos dar visibilidade ao tecido comercial, hostaleiro e turístico de Ribadeo, establecer contactos profesionais, fortalecer relacións con outras entidades e coñecer de primeira man as novas tendencias do sector”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, avanzou que a entidade presentará en Madrid a súa nova campaña turística para 2026, Ribadeo, tu próximo destino, acompañada da mensaxe: Porque cuando lo descubres, entiendes que no es solo un viaje: es una elección. Pérez destacou que o obxectivo é promocionar Ribadeo como un destino de gastronomía, comercio, natureza, historia e experiencias memorables. “No mundo hai moitos destinos, pero hai lugares que se lembran e outros que se senten. Ribadeo é horizonte aberto, é mar que fala, é unha vila con alma”, afirmou.
O xerente incidiu en que durante as xornadas profesionais farán especial fincapé en posicionar Ribadeo como un destino de experiencias reais, gastronomía de calidade, comercio local, cultura e tradición, ademais dun territorio de natureza que impresiona, con cantís, sendeiros, praias únicas e unha ría singular. “Queremos poñer en valor Ribadeo como un destino con identidade propia, porta de entrada a Galicia, cun carácter diferenciado e unha acollida sincera”, engadiu.
Pérez tamén avanzou que manterá encontros profesionais, asistirá a presentacións e actos institucionais e participará en iniciativas conxuntas co Concello, co obxectivo de reforzar a imaxe de Ribadeo como destino turístico de calidade. A delegación que viaxará a Madrid estará formada polo propio xerente, o alcalde Dani Vega e os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, Diego Dos Santos e Marta Saiz.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que a colaboración público-privada é esencial para seguir posicionando Ribadeo como un destino sostible, competitivo e con identidade propia, capaz de atraer visitantes durante todo o ano e xerar actividade económica e emprego. Destacou ademais os avances na desestacionalización: “Rara é a fin de semana de tempada baixa na que non vexas turistas paseando polas rúas, saboreando a gastronomía ou gozando do comercio”. E concluíu lembrando que Ribadeo é un destino atractivo en calquera época do ano, cunha ampla oferta cultural, comercial e gastronómica e numerosas actividades impulsadas por Acisa.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



