A Mariña, 20 de xaneiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en Fitur A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.
Esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través dos seus valores, das súas tradicións e das súas xentes. Así, avánzase na recuperación e posta en valor dunha figura que forma parte da historia da Mariña, patrimonio inmaterial do territorio.
Autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector terán a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos que se veñen desenvolvendo na Mariña no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2025), así como esta nova acción de comunicación, coa que se da un paso máis na posta en valor do territorio.
A presentación oficial terá lugar, como en anteriores edicións, no stand de Galicia en FITUR (pavillón 9, parcelas 9C07/9C09, do recinto feiral IFEMA) nun acto que guiará a presidenta da Mancomunidade, Rocío López. Será o 22 de xaneiro ás 17:30 horas.
O Plan de Sostibilidade Turística na Mariña está confinanciado pola Mancomunidade de Concellos, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
FITUR 2026
A Mancomunidade estará presente en FITUR desde mañá, 21 de xaneiro “para manter xuntanzas con profesionais do sector e provedores de servizos, co obxectivo de comunicar os activos da Mariña, promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o noso xeodestino”, indicou Rocío López, a presidenta.
A Mancomunidade contará cun espazo de información turística dentro do stand de Galicia, no que terá a disposición dos visitantes diferentes materiais corporativos, como a guía A Mariña al descubierto, o mapa turístico e os folletos de turismo ornitolóxico e xeoturismo na Mariña Lucense editados este ano, entre outros. A delegación da Mancomunidade aproveitará a ocasión e a presenza en Fitur un ano máis para dar a coñecer a súa oferta turística e, ao mesmo tempo, establecer contactos interesantes para o impulso da Mariña como territorio de referencia no sector do turismo.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



