Apoiou a campaña presentada en Madrid polos concellos mariñaos para impulsar a identidade e a historia da comarca, así como para trazar as liñas do seu porvir turístico, “baseado na responsabilidade social, medioambiental e económica co obxectivo de beneficiar a toda a cidadanía da comarca”. Puxo en valor o traballo da Mancomunidade da Mariña, “que proxecta esta fermosa e acolledora terra ao mundo” mellorando ao mesmo tempo a experiencia turística “desde aqueles primeiros viaxes das carolas, que chegaron buscando os baños de mar hai máis dun século”. O delegado destacou que este modelo, apoiado polo Goberno por compartir a mesma visión, xera un turismo sostible que revirte os seus froitos económicos e culturais na veciñanza, “facendo da Mariña unha terra máis rica en tódolos sentidos”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



