O centro educativo iniciou a súa andaina no curso 1975-1976
Xove, 23 de xaneiro, 2026. O CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove celebra neste curso 2025-2026 o seu cincuenta aniversario. O centro iniciou a súa actividade no curso 1975-76, agrupando as escolas unitarias distribuídas polas distintas parroquias do concello, agás unha unidade das Gulpilleiras (A Rigueira) e outra de Lago, que se incorporarían xa na década dos oitenta. A creación do colexio supuxo un cambio profundo non só no ámbito educativo, senón tamén nos hábitos sociais da veciñanza, especialmente entre a poboación escolar.
Con motivo desta efeméride, o centro está a preparar unha serie de actividades conmemorativas que se desenvolverán no mes de maio. Para facelas posibles, o colexio solicita a colaboración da veciñanza e de todas aquelas persoas de Xove ou vencelladas ao municipio que mantivesen algún tipo de relación co centro ao longo da súa historia.
O obxectivo é recompilar fotografías das antigas escolas unitarias, imaxes de grupos de alumnado, instantáneas do proceso de construción do edificio, material escolar do curso 1975-76 e libros de escolaridade do alumnado que iniciara ou rematara estudos nese primeiro ano de funcionamento. Tamén serán benvidas fotografías e materiais relacionados cos primeiros anos de vida do que continúa a ser o único centro de infantil e primaria do concello, un feito que merece unha celebración especial.
O equipo directivo agradece de antemán a cesión de fotografías e materiais, así como a colaboración do Concello de Xove, co que xa mantivo varias reunións e que amosou a súa total implicación na organización desta conmemoración.
Pola súa banda, o Concello de Xove expresa o seu compromiso de colaborar en todo o necesario para celebrar unha data tan significativa como o 50 aniversario da fundación do centro. Destácase a importancia histórica da creación desta agrupación escolar que, xunto co Colexio de Palmeiro, supuxo no seu momento un fito fundamental para a comunidade educativa e para o propio municipio, contribuíndo de maneira decisiva ao seu desenvolvemento social e educativo.
O Concello reitera o chamamento para que todas aquelas persoas que dispoñan de fotografías ou material gráfico dos primeiros anos do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán poidan achegalos, co obxectivo de preservar e enriquecer a memoria histórica do centro.
Finalmente, o Concello de Xove ponse á disposición da organización do aniversario para colaborar nas distintas iniciativas previstas, reafirmando o seu compromiso coa educación e coa posta en valor da historia educativa local.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



