Hoxe, calquera observador medianamente atento ao proceso seguido polo mundo occidental, seguro que non terá dúbidas do seu extraordinario desenvolvemento material. Mentres, pola contra, no Eido intelectual, moral e político o estancamento e incluso retroceso parecen bastante máis evidentes.
Digo isto porque as falta de esperanza, o medo ao futuro e a inseguridade convertéronse e preocupacións moi presentes nas sociedades occidentais. Preocupacións que son o reflexo da falta de grandes proxectos compartidos e, xa que logo, dun evidente estancamento intelectual e político.
Pero a este esgotamento hai que sumarlle unha acusada degradación moral que se manifesta no cinismo co que se vén operando na política exterior, na elección de Trump polo seu proceder neofascista e imperialista, no avance da extrema dereita europea e nun hedonismo convertido no principal fundamento de vida de milleiros de occidentais. Máis, se algo simbolizou dunha maneira definitoria a nosa decadencia moral foi a masacre e xenocidio que Israel perpetrou en Gaza acompañado dun vergoñento silencio da maioría dos países occidentais.
Todo este panorama estamos a mostrar a outra cara, a cara máis escura e deprimente da nosa civilización, na que se revela a parálise intelectual, o deterioro moral e a fonda crise política que se reflicte no quebrantamiento do dereito internacional pero tamén, no continuado deterioro das nosas democracias que diante das continuadas presións das grandes corporacións multinacionais se foron baleirando dos valores que lle eran propios, dando lugar a grandes crises de representación onde case nada resulta o que parece .
Todo un exemplo de como o sistema económico capitalista foi colonizando a política para acabar subvertindo as nosas democracias.
A esta situación de avance material e progresivo deterioro intelectual, moral e político o pensador Luis Racionero calificou o hai algúns anos de “progreso decadente”. Dous termos antagónicos que poden definir o momento histórico actual. Un desenvolvemento material onde os beneficios se concentran cada vez máis nunha minoría mentres avanza un enorme desencanto existencial que abrangue a gran maioría social.
Enfín, unha profundísima crise que carece dun relato intelectual e político alternativo capaz de alumear o futuro e que semella abocarnos a un escenario carente de límites éticos onde a forza bruta pode converterse na principal fonte de dereito.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



