As mariñás non logran puntuar en Barcelona nun partido dominado de principio a fin polas locais
Burela, 24 de xaneiro, 2026. Partido importante para as de Belén Feal, que necesitan puntuar ante rivais directos para saír dos postos de descenso, pero que estivo totalmente dominado polas locais, intensas durante os 40 minutos fronte a un Burela rendido e desconcentrado. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Adamuz.
Ana Eliza evitou o primeiro tanto aos 17 segundos tras unha perda en defensa das mariñás. No minuto 4 a porteira brasileira realizou varias intervencións consecutivas ante as múltiples ocasións das catalás. As de Nil Marcos dominaron os primeiros compases, pero o Burela mantivo unha defensa sólida para resistir o ataque continuado das locais. No minuto 6 Julia Peña non chega por pouco a un bo balón na área, e un remate de Lara, tras un envío longo de Macarena desde campo propio, marchouse pola liña de fondo.
O Reyco Burela comezou a aparecer en ataque ao chegar ao ecuador da primeira parte, pero cando parecía que podía xerar unha boa ocasión, Silvia roubou un balón nun saque de córner e, tras unha carreira xunto a Martita, a xogadora logroñesa finalizou superando a Ana Eliza. Un minuto despois chegou o segundo, obra de Luci, que rematou na área tras un saque de esquina e un erro de entendemento das burelenses.
Belén Feal pediu tempo morto a falta de 12 minutos para tentar recortar distancias. Irene executou a falta cun potente disparo directo, pero Laura Torres desviou co pé. Ana Muniesa salvou un remate de Sydorenko nunha contra tras pase de Macarena a falta de 6 minutos. No seguinte ataque, Lara saíu como porteira-xogadora buscando superioridade, pero o dominio seguiu sendo local durante os seguintes catro minutos.
No minuto 18 Ana Eliza sacou coa man unha ocasión clarísima. A un minuto do descanso, Laura Oliva estrelou un balón no pau e, na continuación, unha dobre parada de Ana Eliza acabou nun penalti que supuxo o 3-0. As mariñás volveron probar o xogo de cinco no último minuto, e a última ocasión da primeira parte foi para Sydorenko, que disparou nunha contra tras roubo e pase de Irene, pero Muni atrapou.
Xa na segunda metade, Ana Eliza detivo un disparo tras saque de banda no 22 e realizou unha intervención espectacular nunha contra de Laura Torres e tiro de Silvia. No 24 volveu aparecer para desviar outro disparo de Bet. No 26, Macarena probou nunha contra pero o balón marchou desviado. Pouco despois chegou o 4-0: Bet marcou entre os paus tras unha recuperación e combinación con Martita.
No 29 sinalouse penalti sobre Paula Guix, que anotou. No minuto seguinte chegaron dous goles máis: o primeiro a portería baleira tras unha recuperación ante un erro das burelenses saíndo de cinco, e o 7-0 culminando un pase desde a banda nunha saída rápida. No 33 chegou o oitavo, obra de Laura Torres tras unha boa combinación con Martita, e no 36 o noveno, un disparo de Martita desde a área tras pase de Luci. Tras dúas ocasións máis das locais, o encontro concluíu.
Ficha Técnica AE Les Corts-UBAE 9-0 Reyco Burela FS
AE Les Corts-UBAE (9): Muni; Laura Torres, Silvia, Martita, Luci –cinco inicial-, Ona Solans, Paula Guix, Peña, Laura Oliva (C), Bet.
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Irene, Sydorenko -quinteto inicial-, Lara, Macarena, Silvia Rubal (C), Laura Barranco, Marina, Lola Muñoz (P).
Goles: 1-0, min. 8: Martita. 2-0, min. 9: Luci. 3-0, min. 19: Laura Oliva. 4-0, min. 27: Bet. 5-0, min. 29: Paula Guix (Penalti). 6-0, min. 29: Paula Guix. 7-0, min. 30: Paula Guix. 8-0, min. 33: Laura Torres. 9-0, min. 36: Martita.
Árbitros: Georgiana Alina Bancu // Iván López // Carla Cartes. Por parte do Les Corts veu tarxeta amarela Peña (40′). Por parte do Reyco Burela, Ana Eliza (29′)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal L’Illa de Les Corts, Barcelona.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



