O local de reunión conta con 126 metros cadrados distribuídos nunha única planta e servirá como lugar de encontro para a veciñanza da parroquia, a única do municipio que non tiña ata o de agora unha instalación destas características
Lugo, 25 de xaneiro de 2025. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Trabada, Rubén García, inauguraron este domingo un novo centro social na parroquia trabadense de Abres. Durante a súa primeira visita oficial ao concello mariñán desde que asumiu o cargo, López destacou que “o rural ten futuro, pero necesita servizos” e nese sentido puxo en valor o compromiso da institución provincial, que achegou 190.000€ para a construción deste espazo.
“Trabada exemplifica ben o que é a nosa provincia. O peso do rural no noso territorio, os retos cotiáns sobre a dispersión da poboación e o seu envellecemento. Pero tamén o valor da vida comunitaria ligada ós espazos compartidos como este que inauguramos hoxe”, subliñou a Presidenta. Un lugar de convivencia “tan necesario para a parroquia de Abres”, a única do municipio que non tiña ata o de agora unha instalación destas características.
Nun acto no que participou a Corporación local, Alcaldes e Alcaldesas da Mariña e Occidente Asturiano e numerosos veciñas e veciños, felicitou ao rexedor trabadense por “chamar sempre á porta doutras administracións mirando polos seus veciños e veciñas”, sinalando que conseguiu recentemente o compromiso formal da Deputación para mellorar tamén o centro social de Sante. Sinalou que este tipo de actos “converten a xestión en algo tanxible para todos; dannos a oportunidade de dar a cara diante dos veciños e veciñas e de ser próximos, respondendo con feitos ás necesidades reais”.
Tras as intervencións, a Presidenta descubriu unha placa na entrada do centro para recordar a colaboración da Deputación de Lugo, que tamén fixo unha achega económica á asociación veciñal para poder adquirir o mobiliario necesario para a dotación.
Visita ao Centro de Maiores e á LU-P-6101
Durante a súa primeira visita, Carmela López visitou tamén o Centro de Atención a Maiores que a Deputación ten en Trabada, saudou e compartiu un rato distendido cos residentes e traballadores. Tamén aproveitou a visita para supervisar a estrada LU-P-6101, que conecta Trabadela e A Ría por Sante, que a Deputación rematou de renovar na súa totalidade o ano pasado cun investimento que superou os 300.000€.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



