Alfoz, 30 de xaneiro, 2026. O Concello de Alfoz recibiu a comunicación oficial da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia coa proposta de modificacións no Nomenclátor de Toponimia de Galicia, resultado da revisión realizada polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega e pola Comisión de Toponimia.
Segundo a documentación remitida, a proposta inclúe o cambio do nome oficial do municipio, que pasaría de denominarse Alfoz a Alfoz do Castrodouro. Tamén se recolle a modificación do nome da parroquia de O Castro de Ouro, que adoptaría a forma O Castrodouro.
A revisión afecta igualmente a numerosos lugares do concello, nos que se propoñen adaptacións lingüísticas orientadas a recuperar as formas consideradas correctas desde o punto de vista histórico e etimolóxico, así como a incorporación ou axuste do artigo en varios topónimos. Entre estas modificacións figuran cambios como Clavos → Cravos, Corbite → Corvite, Enxameado → Enxameao, Agueira → Agüeira ou Gavián → Gabián, ademais da normalización de nomes como A Solbeira, A Costoira, O Lavanco, A Ponte do Vao, O Vao ou Viñavella.
A proposta tamén elimina formas como A Rúa de Escourido, que pasaría a denominarse simplemente Escourido; concreta denominacións xa existentes, como Faián de Abaixo e Pesquita de Abaixo; e incorpora oficialmente novos lugares ao nomenclátor, entre eles Meixide, Faián de Arriba e Pesquita de Arriba.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, valorou a comunicación sinalando que “hai cambios que son lóxicos e xustos, xa que responden á recuperación da forma tradicional e correcta dos nomes, algo fundamental para protexer o noso patrimonio lingüístico”. Engadiu, ademais, que “no relativo ao nome oficial do concello estamos ante unha cuestión de identidade colectiva, polo que debería ser a veciñanza quen decida”.
A rexedora explicou que esta postura xa foi trasladada ao secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, nunha reunión mantida en Lugo con representantes da Comisión de Toponimia, na que foi convidada a coñecer a proposta de modificacións.
Desde o goberno municipal deféndese que o proceso debe desenvolverse con información e participación da veciñanza, garantindo que as decisións finais combinen o rigor técnico co respecto ao sentir da poboación.
O Concello de Alfoz manterá informada á cidadanía dos seguintes pasos deste procedemento, que culminará coa validación definitiva por parte do Consello da Xunta de Galicia.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



