Castiñeira cualifica a situación como “un auténtico despropósito e unha falta de respecto aos usuarios da residencia” aos que o alcalde “nin recibe nin escoita e cos que non conta absolutamente para nada, sen pensar no seu futuro”
Foz, 30 de marzo de 2026. O voceiro municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, aproveitou o pleno ordinario celebrado onte para preguntar ao alcalde por que non reinicia a contratación do servizo da residencia de maiores de Foz con axudas aos usuarios, tal e como reclamaba o PP, case un ano despois de que o Tribunal Administrativo de Contratos de Galicia (TACGAL) anulase a adxudicación promovida polo goberno local.
Tal e como xa advertiran no seu momento o Partido Popular e mesmo o BNG, o TACGAL deu a razón aos grupos da oposición ao considerar que non se podía licitar un novo contrato sen aprobar previamente un sistema de axudas para aqueles usuarios que non podían asumir a suba desproporcionada das tarifas que pretendía impor o executivo municipal.
A día de hoxe, a situación segue sendo de absoluta “irregularidade”. O Concello de Foz está a compensar economicamente á empresa concesionaria con máis de 300.000 euros anuais, unha cantidade moi superior á que custaría sacar un novo contrato correctamente feito, que incluíse as axudas necesarias para os usuarios da residencia
“O máis grave de todo isto”, sinala Castiñeira, “é que o propio alcalde recoñeceu no pleno o seu nulo interese pola residencia, deixando claro que non quere xestionala e que pretende cedela a calquera administración que a acepte”.
Neste senso, o alcalde confirmou contactos coa Deputación de Lugo para integrar a residencia na súa rede de centros, unha vez que o Concello a reciba da Xunta de Galicia a custe cero.
Desde o Partido Popular de Foz manifestan o seu total desacordo con esta situación, que deixa aos residentes sen saber cal vai ser o seu futuro próximo. A residencia de maiores foi concibida como un servizo plenamente municipal, e a súa entrega a outra administración suporía que o Concello perdera competencias sobre un servizo que tanto costou municipalizar, en beneficio tanto dos usuarios como dos traballadores do centro.
“Se a residencia é do Concello de Foz, o que ten que facer o Concello é xestionala directamente e con medios propios”, insiste o portavoz popular.
Por este motivo, o PP de Foz non aprobará ningunha cesión da residencia á Deputación de Lugo. Defenden unha residencia municipal que xa estaba a funcionar correctamente ata a chegada de Cajoto ao goberno local e para a que non existe ningún motivo obxectivo que xustifique este intento de desmantelamento, máis alá da desidia do alcalde e da súa negativa a recoñecer que estaba a facer as cousas mal..
Castiñeira cualifica a situación como “un auténtico despropósito e unha falta de respecto aos usuarios da residencia” aos que o alcalde “nin recibe nin escoita e cos que non conta absolutamente para nada, sen pensar no seu futuro”.
Desde o Partido Popular de Foz mostran a súa profunda preocupación pola actitude do rexedor ante un servizo tan esencial que, cómpre lembrar, foi conseguido polo PP cando gobernaba, grazas ás súas xestións coa Xunta de Galicia.
“Probablemente ese sexa o verdadeiro motivo polo que Cajoto quere desprenderse da residencia: porque lle lembra que é un logro do Partido Popular de Foz”, concluíu o voceiro municipal.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



