Foz, 31 de xaneiro, 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que nas próximas semanas asinará o contrato de xestión do ciclo integral da auga (abastecemento, saneamento e depuración) coa industrial Sociedad de Fomento Agrícola Castellonense, S.A. (FACSA). O contrato será “o máis importante da historia de Foz, por un montante de 29 millóns de euros para 15 anos de xestión do servizo. Foi un proceso longo que comezou en decembro do ano 2023 coa estrutura de costes e que incluíu non só este contrato senón a primeira ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do concello, así como o novo regulamento do servizo de subministro de auga e alcantarillado de Foz, publicados en maio do ano 2025”, explicou o rexedor municipal.
O Concello de Foz recibiu este xoves a desestimación do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) ao recurso interposto pola empresa que xestiona actualmente o servizo. “O Tacgal desestimou o recurso, polo que se levanta a suspensión á adxudicación que se aprobou no pleno ordinario do pasado mes de novembro. Nas próximas semanas asinaremos o contrato”, indica o alcalde, que engade: “a sinatura do contrato de xestión leva aparellada un canon inicial de 1,1 millóns de euros, 1,2 millóns de euros para a mellora das potabilizadoras de Fazouro e Cordido, 500.000 euros para a renovación da tubaxe de abastecemento en alta ao núcleo de Foz, 249.512 euros anuais durante a vixencia do contrato para o Fondo de renovación de infraestruturas, 700.000 euros para a implantación de telelectura de contadores, 245.548 euros para a reposición de contadores, 70.000 euros para a reposición de medios e 388.000 euros para outras inversións. Estamos a falar de case 8 millóns de euros de investimentos durante os 15 anos de vixencia do contrato de xestión do ciclo integral da auga, dos cales 3,28 millóns corresponden ao primeiro ano. Pero máis que cifras o realmente importante é que con este contrato imos poder conseguir unha auga de calidade renovando as plantas potabilizadoras; mellorar de forma continua as redes municipais con 250.000 euros anuais do fondo de infraestruturas e 1,6 millóns adicionais o primeiro ano; imos xestionar dunha forma eficiente e efectiva a rede de alcantarillado; imos mudar a lectura manual de contadores por telelectura; imos controlar a calidade da auga dos mananciais naturais; e, en definitiva, xestionar dunha forma óptima un recurso escaso como é a auga. Ademais, coa construción da nova EDAR e este contrato imos poder operar dunha forma completa, integrada e eficaz todas as depuradoras de augas residuais do concello, preservando o medio ambiente”.
Para rematar Fran Cajoto destacou que “o crecemento e a evolución de Foz teñen que verse acompañados da mellora das infraestruturas, para garantir uns servizos de calidade. Fixemos os deberes e estoulle moi agradecido a todos os técnicos (municipais e externos) que o fixeron posible; grazas a eles vai a mellorar a vida dos nosos veciños”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



