A solución elixida é a de menor impacto ambiental e posibilita unha mellor articulación territorial dos núcleos de Viveiro, Covas e Celeiro
Lugo, 1 de febreiro de 2026. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, defendeu esta mañá a proposta da Xunta para a variante leste de Viveiro como unha actuación “realista, rigorosamente planificada e pensada para dar resposta ás necesidades actuais de mobilidade do municipio”, fronte ás críticas vertidas polo PSOE. Segundo Arias, a infraestrutura suporá “unha mellora significativa da mobilidade na contorna, reducirá os tempos de percorrido e incrementará a seguridade viaria, ao igual que o estamos a facer xa na mellora da LU-540, que enlaza esta localidade co resto da provincia, cun investimento de 8,2M€.
Arias subliñou que a Xunta traballa cun proxecto viable técnica e ambientalmente, cun investimento estimado de 38 millóns de euros, e avanzou que o Executivo autonómico prevé licitar no primeiro trimestre deste ano o proxecto de construción da infraestrutura. “Falamos dunha proposta seria, baseada en criterios técnicos e no diálogo, que busca mellorar as comunicacións nunha zona importante da provincia, con solucións executables e non con anuncios baleiros, como fai o Goberno central coa A-74 ao tempo que ten a súa rede de estradas chea de fochancas”, sinalou.
O delegado explicou que a alternativa escollida é a de menor impacto ambiental e permite unha mellor articulación territorial entre os núcleos de Viveiro, Covas e Celeiro. Neste sentido, destacou que a nova variante permitirá liberar o casco urbano de arredor dun 60% do tráfico, especialmente do transporte pesado, ao absorber os desprazamentos de longo percorrido e parte do tránsito local.
Ademais, puxo en valor que a actuación optimizará a conexión co porto de Celeiro, reforzando a competitividade económica da zona e contribuíndo ao desenvolvemento do tecido produtivo vinculado á actividade portuaria e pesqueira.
Segundo Arias, a infraestrutura suporá unha mellora significativa da mobilidade na contorna, reducirá os tempos de percorrido e incrementará a seguridade viaria. “A Xunta aposta por solucións útiles para a veciñanza, que combinan desenvolvemento, seguridade e respecto polo medio ambiente”, afirmou.
O delegado territorial insistiu en que o Goberno galego mantén o seu compromiso con Viveiro e coa Mariña lucense a través de proxectos planificados, con financiamento garantido e calendario definido, “fronte a polémicas estériles que non achegan solucións aos problemas reais da cidadanía”.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



