Vilalba, 3 de febreiro de 2026. Os socialistas de Vilalba lamentan que o Partido Popular recurra “unha vez máis á mentira” para falar da cuberta do pavillón municipal.
Como xa explicou en reiteradas ocasións, o Concello de Vilalba cambiou o ano pasado “parte da cuberta” con cargo a unha axuda autonómica.
Nestes últimos días e debido aos efectos do temporal, levantouse outra parte da cuberta, unha zona diferente á renovada o ano pasado, provocando goteiras.
O PSOE destaca que “onte mesmo, en canto o tempo o permitiu, realizáronse xa as tarefas de reparación deste último problema”, lamentando as consecuencias que tivo sobre a actividade deportiva nas instalacións.
Os socialistas critican “a desinformación” e consideran “surrealista” que sexa o PP local quen denuncie o mal estado da pavillón municipal, “xa que falamos de problemas estruturais nas instalacións que derivan da súa mala xestión cando estaban no goberno local”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



