O goberno local vén de solicitar unha axuda da Xunta de Galicia para recuperar o edificio municipal da rúa Cuart de Poblet e dar resposta á demanda de vivenda accesible no municipio
Vilalba, 4 de febreiro, 2026. O Concello de Vilalba vén de presentar a documentación necesaria para optar ao Programa de Axudas de Rehabilitación de Edificacións e Vivendas Públicas de Titularidade Municipal, impulsado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia, cun proxecto centrado na rehabilitación das coñecidas como casas dos mestres, situadas na rúa Cuart de Poblet, co obxectivo de destinalas a vivendas de alugueiro social.
Trátase dun edificio de titularidade municipal que na actualidade non está en uso e que está constituído por seis vivendas de uso individual, dúas no baixo, dúas na primeira planta e dúas na segunda. As súas características e estado de conservación fan que sexa un inmoble axeitado para a súa recuperación e adaptación ás necesidades actuais de habitabilidade.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “este proxecto responde a unha prioridade clara deste goberno local, que é aproveitar o patrimonio municipal para poñelo ao servizo da veciñanza e dar resposta a unha das principais preocupacións actuais, como é o acceso á vivenda”. Rouco subliñou que “falamos de vivenda pública en réxime de alugueiro social, unha ferramenta fundamental para facilitar proxectos de vida en Vilalba, especialmente para persoas e familias con máis dificultades”.
O proxecto presentado contempla unha rehabilitación integral do interior das vivendas, coa demolición de todos os elementos de distribución existentes para adaptalos á normativa vixente en termos de funcionalidade e habitabilidade. Ademais, está prevista a substitución das carpinterías actuais por novas carpinterías de PVC, mellorando así a eficiencia enerxética do edificio.
A intervención permitirá crear en cada vivenda novos espazos interiores, con cociña e sala de estar, cuartos de baño e/ou aseo e varios dormitorios, así como a renovación completa das instalacións de saneamento, abastecemento, ventilación e electricidade.
Neste sentido, a alcaldesa sinalou que “non se trata só de rehabilitar un edificio, senón de crear fogares dignos, accesibles e adaptados ás necesidades actuais, cumprindo criterios de calidade e confort”. Engadiu tamén que “desde o Concello estamos facendo un esforzo importante para impulsar proxectos que teñan un impacto social real e duradeiro”.
O orzamento base de licitación do proxecto, con IVE incluído, ascende a 412.531,35 euros, unha contía que reflicte a envergadura dunha actuación pensada para garantir a viabilidade do edificio a longo prazo.
Marta Rouco puxo en valor a iniciativa municipal afirmando que “este proxecto é unha mostra clara de que en Vilalba hai vontade política e traballo técnico para avanzar”. A rexedora incidiu en que “apostar polo alugueiro social é apostar pola igualdade de oportunidades e polo futuro do noso municipio”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



