Viveiro, 5 de febreiro, 2026. Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia uníronse para impulsar o proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo, coordinado polo GALP Ría de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa de diversificación pesqueira que aposta polo emprendemento, a profesionalización e a creación de novas fontes de ingreso nas comunidades mariñeiras.
No marco deste proxecto impartirase un Curso de Turismo Mariñeiro e Pesca-Turismo, no que se ofrecerán ferramentas prácticas para desenvolver este tipo de actividades, poñer en valor o patrimonio marítimo-pesqueiro e contribuír ao fortalecemento do sector.
O curso celebrarase na semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario de tarde, que se concretará segundo a dispoñibilidade das persoas participantes. A localidade de celebración determinarase en función do número de inscricións, co obxectivo de facilitar a participación e optimizar a organización, tendo en conta a dispersión territorial.
A formación está especialmente dirixida a persoas que nunca emprenderon, profesionais que xa realizaron outros cursos pero aínda non deron o paso, así como a quen teña unha idea de turismo mariñeiro ou pesca-turismo e non saiba por onde comezar.
O curso ofrecerá a formación práctica necesaria para o exercicio da actividade, acompañamento personalizado nos primeiros pasos e ferramentas clave para deseñar un proxecto sólido, seguro e vinculado ao territorio.
Desde o GALP A Mariña-Ortegal reiteran o seu compromiso coa creación de oportunidades sostibles para o sector e coa promoción de iniciativas que contribúan ao desenvolvemento das comunidades costeiras.
Información e inscripcións:
Teléfonos: 982 56 33 55 / 606 85 85 06
Correo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



