Foz, 13 de febreiro do 2026. O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
No ano 2008 o Concello de Foz acordou cederlle a esta entidade os terreos para a construción do inmoble que hoxe acolle a residencia. No 2017 o Consorcio asinou un novo convenio co Concello para a cesión de uso do ben. En xaneiro de 2023, finalizado o anterior convenio, asínase un novo, no que se inclúe a transmisión da titularidade do inmoble durante os catro anos de vixencia deste. Non é ata o ano 2025 cando se reúne a comisión de seguimento deste convenio e se plantexa que o Consorcio comezará a realizar os trámites necesarios para na maior brevidade ceder o ben.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, venres, a recepción da residencia “para poder seguir traballando na mellora do servizo, concertando prazas coa Xunta de Galicia ou negociando con outras administracións para que sexa asequible para todos. A Xunta de Galicia continúa a transmitir competencias sen financiamento a concellos e outras entidades locais coma as deputacións, como se ve no anteproxecto de lei de administración local. No caso dos servizos sociais xa é flagrante, xa que só ao Concello de Foz a Xunta adebédalle anualmente máis de 700.000 euros do servizo de axuda no fogar e da residencia”.
“Non conseguimos que a Xunta asumira as súas competencias en materia de residencias polo que será o Concello quen teña que continuar encargándose do servizo, neste caso xa co edificio, para poder buscar as mellores alternativas para que sexa un servizo público de calidade”, engade o rexedor municipal, que tamén explica que “ante o abandono da Xunta, o Concello é o único garante do benestar dos maiores: dedicámoslle anualmente 360.000 euros de fondos municipais, de todos, a pesar de ser competencia autonómica. Xa coa propiedade buscaremos fórmulas para continuar co mellor dos servizos e a un prezo asumible por todos. O que nos move da política é a xestión, traballar desde o goberno para mellorar os servizos aos nosos veciños”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



