Nota de prensa:
VENDA ANTICIPADA PARA O BURELA FS-AUTOS LOBELLE, DA COPA DO REI, DENDE MAÑÁ
O club laranxa abrirá mañá, venres 17, a venda anticipada para o Burela FS-Xacobeo 2010 Autos Lobelle, gran duelo na segunda eliminatoria da Copa do Rei que enfrontará os pupilos de Suso Rey cun dos titáns da División de Honra, o vindeiro mércores, 22, en Vista Alegre (20.30 horas).
O prezo das entradas será de 3 euros para socios/as (presentar carné de 2010) e 10 para os non socios/as. Os menores de 18 anos terán acceso gratuíto (presentar DNI). Os puntos de venda anticipada serán a sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97), entre mañá e o mércores, e o pavillón, o sábado, coincidindo co partido de Prata ante o Colegios Arenas Gáldar (18.30 horas).
Espectáculo e emoción non faltarán neste derbi galego a xulgar polos seus encontros. A I Copa Barrios Deportivos de Ourense, en agosto de 2010, ou o Memorial Celso Currás de Trabada, en 2009, foron algúns dos últimos amigables entre laranxas e composteláns. Porén, sen lugar a dúbidas, a cita que recorda toda a bancada laranxa é a emocionante final da Copa Galicia 2008; en Lugo, o CD Burela FS fíxose co título de subcampión, nunha cita de máxima tensión non afastada da polémicas polo comportamento pouco deportivo e a agresividade desproporcionada dos lobellistas.
O vencedor do mércores enfrontarase ao gañador de Ziérbena-Azkar Lugo, o 29 de decembro.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
