Os concelleiros populares explican que “segundo a información da que dispoñemos, o goberno local decidiu actuar nunha pista de monte situada en Sopena-Villapol que unicamente dá servizo a dúas vivendas. Casualidade ou non, o inicio da actuación sitúase na contorna da casa e nave do tenente de alcalde, Javier Huertas, e remata nas proximidades do domicilio habitual da alcaldesa”
Lourenzá, 21 de febreiro de 2026. Os concelleiros do PP de Lourenzá denuncian o seu profundo malestar pola aplicación que a alcaldesa fai do Plan Camiña Rural 2025/2026. “A realidade é que a actuación prevista responde a intereses particulares da alcaldesa e do tenente de alcalde e non ao interese xeral da veciñanza, como sería desexable e lóxico nunha administración pública”, denuncian.
Os concelleiros populares explican que “segundo a información da que dispoñemos, o goberno local decidiu actuar nunha pista de monte situada en Sopena-Villapol que unicamente dá servizo a dúas vivendas. Casualidade ou non, o inicio da actuación sitúase na contorna da casa e nave do tenente de alcalde, Javier Huertas, e remata nas proximidades do domicilio habitual da alcaldesa”.
Os populares explican que se trata dunha pista antiga de monte, sen explotacións agro-gandeiras activas ao longo do seu percorrido, rodeada fundamentalmente de monte e fincas privadas sen uso produtivo.
“Desde o noso grupo consideramos un escándalo que se destinen recursos públicos municipais a unha actuación que non responde a criterios de necesidade xeral nin de apoio ao sector primario, cando existen noutras zonas do concello pistas en peor estado e que si dan servizo a explotacións agro-gandeiras que precisan melloras urxentes para garantir a súa actividade e competitividade”, explicaron.
Os concelleiros do PP de Lourenzá entenden que o Plan Camiña Rural debe empregarse para favorecer o desenvolvemento rural e apoiar ás explotacións que xeran actividade económica e emprego, e non para realizar actuacións que beneficien de maneira directa e evidente a membros do propio goberno municipal.
Desde o Grupo Municipal Popular “non podemos permanecer en silencio ante unha decisión que consideramos claramente partidista e allea ás verdadeiras prioridades do conxunto da veciñanza, polo que reclamamos transparencia, criterios obxectivos na planificación dos investimentos e un uso responsable dos recursos públicos en beneficio de todo o concello, e non duns poucos”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


