O proxecto busca promover o coñecemento e consolidación da Formación Profesional Dual no sector marítimo-pesqueiro de Galicia
Viveiro, 25 de febreiro, 2026. Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, en colaboración coa Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) puxeron en marcha o pasado mes de decembro o proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”, unha iniciativa estratéxica deseñada para garantir o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro galego e fortalecer a conexión entre a formación, o emprego e o territorio.
O proxecto de carácter bianual busca impulsar a Formación Profesional Dual Marítimo-Pesqueira como vía eficaz para atraer mocidade ao sector, mellorar a empregabilidade, reforzar a sustentabilidade do modelo produtivo e visibilizar as oportunidades laborais reais que ofrece o mar en Galicia.
O proxecto
“Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” aspira a converterse nunha ferramenta transformadora que conecte a mocidade coa realidade do sector, rompendo estereotipos e mostrando que o mar continúa sendo un ámbito profesional solvente, tecnificado, innovador e con forte impacto territorial.
Promove ademais a implicación activa dos armadores como axentes formadores na FP Dual, reforzando o vínculo entre o tecido produtivo e o sistema educativo, e contribuíndo a construír un modelo estable de relevo xeracional que dea continuidade á actividade pesqueira nas comunidades costeiras de Galicia.
Conta coa colaboración do grupo Itsas Garapen Elkartea de País Vasco.
Arranque das actuacións cos centros educativos de secundaria
Despois do acto de presentación e destas semanas de traballo coas entidades do sector e do eido educativo, RELEVO XERACIONAL da comezo ás actividades que se desenvolverán co alumnado de 4º de E.S.O.
Dende este mes de febreiro comezan as sesións de aula, que no noso territorio teñen un calendario pechado que iniciará o vindeiro venres 27 de febreiro e terá como particcipantes a un total de catro centros repartidos polo territorio da Mariña-Ortegal.
Estas sesións pretenden achegar coñecemento sobre o sector pesqueiro e as posibilidades de futuro que ofrece, sempre a través dunha metodoloxía dinámica, amena e divertida na que aprender facendo será o fío conductor.
Tamén se realizarán visitas a entidades relacionadas co sector pesqueiro que ofrecen a posibilidade de coñecer o sector da man de profesionais e achegan aos escolares á realidade profesional próxima.
Ademais o proxecto ofrece ao alumnado a posibilidade de facer embarques reais do sector pesqueiro para coñecer o seu día a día e tamén poder disfrutar de unha estancia con pernocta na illa de Ons, onde coñecer o espazo protexido e a súa xestión para a conservación. Todas estas actuacións levaranse a cabo ata final de curso.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



