Xove, 25 de febreiro, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, presentou esta semana a programación do 8M. Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa tradicional Andaina pola Muller, de carácter reivindicativo. A continuación celebrarase a habitual chocolatada, na que, ademais de compartir merenda, se renderá homenaxe ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio local. As protagonistas asistirán ao acto e proxectarase un vídeo no que relatan a súa experiencia como empresarias nun tempo no que o mundo dos negocios seguía sendo maioritariamente masculino.
Este ano 2026, a área de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade pon o foco na importancia da corresponsabilidade entre homes e mulleres nos procesos educativos e de coidado familiar. O Concello subliña que a dobre carga laboral e doméstica que asumen moitas mulleres continúa a ser unha das desigualdades máis invisibles e con maior impacto social. A falta de corresponsabilidade —explican— deriva en renuncias profesionais, maior presenza feminina na contratación a tempo parcial, descenso da natalidade e un incremento da presión sobre os servizos públicos de coidados.
Co obxectivo de promover unha maior conciencia social sobre esta cuestión, o Concello de Xove organizará durante os meses de marzo e abril tres faladoiros dirixidos a familias e profesorado. As sesións buscarán fomentar modelos relacionais máis igualitarios, tanto no ámbito familiar como no educativo. Estes faladoiros están cofinanciados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



