Urxe explicacións logo da condena do TSXG á Xunta por desprotexer os terreos nos que pretendía colocar a macrocelulosa para beneficiar á pasteira
Santiago de Compostela, 27 febreiro 2026. A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou desde Ourense que o BNG vai pedir unha comisión de investigación no Parlamento para aclarar todos os chanchullos do Goberno de Alfonso Rueda con Altri, “todos os escándalos” que rodean á pasteira portuguesa, incidiu.
A líder nacionalista urxe explicacións ao presidente da Xunta logo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), na que deixa claro que o Executivo do PP actuou “de xeito ilegal para favorecer a Altri”, desprotexendo os terreos nos que pretendían colocar a macrocelulosa.
Uns terreos, explicou, que estaban protexidos, xa que estaban incluídos na Estratexia Galega de Infraestrutura Verde, pero que o Goberno de Rueda “desprotexeu, a pesar de ter un gran valor ambiental e de diversidade, simplemente para favorecer a Altri”.
“Nós xa denunciamos no seu momento esta desprotección que fixo o Partido Popular e diciamos que podiamos estar ante un caso de prevaricación e o que acaba de facer o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza é darnos a razón”, incidiu para advertir a continuación que a sentenza constata a “ilegalidade” na reclasificación e desprotección destes terreos. Unha cuestión que o presidente do Executivo ten que explicar, como tamén debe aclarar o “acordo secreto” da Xunta coa empresa lusa e que mantén oculto á cidadanía.
“Estamos ante un historial de mentiras que non acaba absolutamente nunca”, afirmou en declaracións aos medios na presentación en Ourense da campaña ‘Co BNG, Galiza gaña’ para difundir os logros do traballo do Bloque en Madrid en defensa dos intereses do País, xunto ao deputado no Congreso, Néstor Rego, e a senadora Carme da Silva.
Neste contexto, a portavoz nacional urxiu as explicacións de Rueda no Parlamento a través dunha comparecencia, pero recalcou que a organización nacionalista entende que “hai que ir moito máis alá”.
“Por iso, o BNG vai rexistrar a creación dunha comisión de investigación sobre todos os escándalos que rodean a Altri, porque os galegos e as galegas teñen que saber a verdade sobre como actuou o Goberno do Partido Popular, que ten moito que ocultar e está ocultando información relevante para a cidadanía”, recalcou.
Pontón alegou que é preciso “coñecer toda a verdade” e “destapar todas as irregularidades e todas as mentiras” que rodean ao Executivo de Rueda neste asunto, polo que avanzou que o Bloque rexistrará de inmediato a solicitude para crear esta comisión de investigación.
Así mesmo, reclamou que o titular do Executivo explique tamén “por que nun momento no que Galiza se xogaba moito”, o PP apoiou “única e exclusivamente un modelo de desenvolvemento industrial” que pasaba “por contaminar o territorio” e “por poñer en risco miles de empregos tanto nas comarcas de Arzúa e A Ulloa, como na ría de Arousa”.
Outra cuestión sobre a que Rueda tamén debe responder, afondou, é cal é a súa política industrial, dado que non ten nada que ofrecer a Galiza salvo “o seu fracaso con Altri, coa Sociedade Impulsa e promover o modelo do espolio”. “O espolio dos nosos recursos eólicos e dos nosos recursos mineiros, sen ter ningunha alternativa de futuro”, remarcou.
Deste xeito, retratou a “un goberno fracasado” que “non ten nada que ofrecerlle a este País” e que, por riba, actúa “vulnerando a legalidade” e ocultando información á cidadanía, “disposto a todo para facer de comercial de Altri”.
“Grazas ao pobo galego que se enfrontou a el, hoxe non temos esa ameaza á que tiveron que darlle carpetazo, pero isto non exime das responsabilidades que ten o actual goberno galego e desde o BNG non imos parar até coñecer toda a verdade sobre Altri”, concluíu.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



