Ribadeo, 27 de febreiro de 2026. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo vén de desenvolver unha xornada de actualización formativa en reanimación cardiopulmonar (RCP) e manexo do desfibrilador externo semiautomático (DESA), dirixida ao seu equipo docente.
A actividade tivo como obxectivo reforzar os coñecementos e habilidades do profesorado ante posibles situacións de emerxencia que se poidan producir nas instalacións do centro, garantindo así unha resposta rápida, coordinada e eficaz ata a chegada dos servizos sanitarios.
A formación, de carácter eminentemente práctico, permitiu ao persoal docente realizar simulacións reais con bonecos e practicar o manexo do DESA, reforzando a confianza e a capacidade de actuación en casos de emerxencia.
Desde a dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo subliñan que “este tipo de iniciativas forman parte do compromiso do centro coa seguridade e o benestar do alumnado, así como coa mellora continua da cualificación profesional do seu equipo humano”.
Con esta actualización, a escola continúa a apostar por un entorno educativo seguro, no que a prevención e a preparación ante posibles incidencias constitúen unha prioridade.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



