BURELA .- O capitán Luís Álvarez Vázquez e o sarxento José Antonio López Fernández, en representación do destacamento da Garda Civil de Burela, recibiron de mans do alcalde, Alfredo Llano, unha copia do Modelo Burela de planificación lingüística. O acto foi unha nova convocatoria das sesións de encontro dunha comisión municipal coas entidades sociais e celebróuse na sala de xuntas do Concello hai uns días.
Nesta ocasión, a comisión municipal (integrada polo alcalde, Alfredo Llano, a Tenente-alcalde, Neves Cando, a concelleira delegada de Educación, Lucía Bouza, os concelleiros do PP, Cristóbal Edrosa e Luís Miguel Pedre e o profesor Bernardo Penabade) recibiu unha representación do destacamento da Garda Civil de Burela encabezada polo capitán Luís Álvarez Vázquez. Ambas partes estudaron as posibilidades de colaboración do corpo de seguridade na aplicación do Modelo Burela.
Durante o acto, o profesor Bernardo Penabade agradeceu a presenza da Garda Civil no acto de presentación do proxecto lingüístico e comparou a súa boa predisposición coa labor realizado polo Comisario Xefe da policía de Galiza, Luís García Mañá.
Tradición de iniciativa cultural
Penabade lembrou tamén que, segundo consta no Arquivo Documental de Burela, o primeiro texto de carácter relixioso escrito en galego na localidade de Burela foi redactado precisamente por un membro da Garda Civil da localidade. Manuel Campos, na actualidade en situación de reserva, compuxo en idioma galego diversos escritos, entre eles o recordatorio da Primeira Comunión da súa filla, María da Paz Campos, que na actualidade é docente no Colexio Público Virxe do Carme. Tan importante documento foi realizado en 1974.
Primeiros avances
Pola súa parte, Lucía Bouza, concelleira delegada de planificación lingüística, destacou a boa disposición da Garda Civil para participar nesta serie de encontros bilaterais entre o Concello e as diferentes entidades sociais, co obxectivo de implantar o Modelo Burela “a proposta foi recibida coa mellor das disposicións e incluso tivemos noticia de determinadas inciativas xa realizadas. A Garda Civil de Burela xa empregou, de maneira oficial, a lingua galega nas cerimonias de celebración da súa patrona nos anos 2007 e 2008. En breve, os discursos pasarán a ser patrimonio local ao ser cedidos ao Arquivo Documental de Burela”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



